Cómo Contratar Online

Tes dúbidas sobre como contratar online?

Resólveas aquí
  • Que necesito para iniciar a contratación?

    É ben sinxelo: todos os datos que necesitarás no proceso de contratación online, tanto para o gas natural como para a electricidade, están nas túas últimas facturas de gas e luz, polo que é necesario que as teñas á man no momento de iniciar o proceso de contratación. Ademais, necesitarás o teu NIF/NIE ou documento identificativo e os teus datos bancarios para finalizar o proceso de contratación.

    Con todo iso, enche o formulario da oferta que che interesa cos datos que encontrarás nela. Asegúrate de aceptar as condicións xerais e económicas da oferta, ademais de subir online unha copia escaneada do NIF.

    Recorda que o formato aceptado dos ficheiros é PDF, JPG, PNG, GIF ou BMP e o seu peso non pode ser superior a 3 MB.

    Unha vez finalizado o proceso de contratación, nós encargámonos de todos os trámites, sen gastos adicionais, nin modificacións na túa instalación e sen cambios nin interrupcións de subministración. Así de doado e rápido.


  • Por que teño que rexistrarme na Área clientes antes de iniciar o proceso de contratación online?



    Realizar a contratación dende a Área clientes é a forma de garantirche unha maior seguridade no proceso e de darche o tempo que precises para finalizar a contratación. Por iso, sexas ou non cliente de Gas Natural Servicios, é necesario que te rexistres na Área clientes para poder contratar online.

    Unha vez rexistrado, ademais de contratar online, poderás acceder sempre que queiras á Área clientes para realizar todos os trámites relacionados cos teus servizos e a subministración do gas natural e a electricidade do teu fogar ou negocio. Poderás xestionar os teus contratos ou facturas con Gas Natural Fenosa, saber cal é o teu consumo, aclarar as túas dúbidas, cursar as túas reclamacións ao momento, etc.


  • Teñen que pasar a revisar a instalación ou a cambiar o contador?



    Non, o cambio de compañía ou de contrato non che supón actuacións na túa instalación nin interrupcións na subministración.


  • Con que periodicidade recibirei a miña factura?


    O período de facturación será, en función da subministración eléctrica, mensual ou bimestral sobre o consumo real. Só se procederá a estimar a lectura cando a túa empresa distribuidora non poida acceder directamente ao contador.

  • Que servizo contrato?


    Gas Natural Fenosa pon á túa disposición servizos de mantemento e reparación para adaptarnos a cada unha das necesidades.
    Se os queres coñecer, preme 
    aquí.


     
  • Que é a Factura Online?

    É unha modalidade de factura na que non se emprega o papel como soporte, senón un ficheiro electrónico. A sinatura electrónica que leva incorporada demostra a autenticidade do emisor e garante a integridade do seu contido, polo que legalmente é un documento considerado como vinculante e non necesita de maior proba ou confirmación que a súa propia existencia.
    Tes dúbidas sobre o servizo Factura Online? Resólveas
    aquí



     
  • Como debo tramitar a documentación contractual dos produtos e servizos que contrate?



    Todo o proceso de contratación e documentación contractual se fará de forma online.
    A única documentación que deberás cargar online é o teu NIF.
    Recorda que o formato aceptado dos ficheiros é PDF, JPG, PNG, GIF ou BMP e o seu peso non pode ser superior a 3 MB.
    Ao finalizar o proceso de contratación, poderás descargar unha copia do contrato en PDF.


  • Que debo facer para tramitar a documentación online?

     

    Para tramitar a documentación online, sigue os pasos que che iremos indicando:

    1. Completa os datos solicitados: datos de cliente, enderezo de subministración ou prestación de servizo, enderezo de correspondencia, subministracións e servizos contratados e datos do pagamento.

    2.  Carga unha copia escaneada do NIF.

    3.  Revisa e acepta as condicións xerais e económicas da oferta.

     


Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies