IBAN e Mandato SEPA

Preguntas frecuentes

  • Que é o IBAN?

    O Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) é un número de identificación que permite validar internacionalmente unha conta bancaria que teña un cliente nunha entidade financeira.

    É un estándar creado polo Comité Europeo de Estándares Bancarios (ECSB) co obxectivo de facilitar a identificación homoxénea das contas bancarias en todos os países.

    Tanto o IBAN como o CCC (estándar español de contas) identifican a mesma conta bancaria.

    O IBAN só se admite en domiciliacións na Zona SEPA (28 países CE + Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Mónaco e Croacia)
    .


     
  • Vantaxes do IBAN


    Cada país dispón dun sistema e dunhas normas propias de identificación de contas bancarias, e non se poden aplicarse as normas doutros países, o que non facilita as transaccións de pagamentos internacionais. Iso provoca atrasos, incidencias e custos non desexados.

    O IBAN resolve esta situación e achega, entre outras, as seguintes vantaxes:

    • Diminución dos erros de imputación.

    • Transmisión correcta dos datos relativos ao número de conta bancaria.

    • Facilidade no tratamento automatizado ao longo de todo o circuíto.

    • Redución das intervencións manuais.

    • Rapidez de transmisión.

    • Redución de custos.



  • Formato IBAN


    O IBAN consta dun máximo de 34 carácteres alfanuméricos, en función do país. Os dous primeiros son de carácter alfabético e identifican ao país. Os dous seguintes son díxitos de control que permiten verificar a exactitude do IBAN. Os restantes son o número de conta bancaria.
     

    • Formato español:

    Para España, o IBAN ten 24 díxitos e componse do seguinte xeito:

    • "ES" (código de país para España ―dúas letras―, especificado na norma ISO 3166).

    •  Un número de control (2 díxitos).

    •  O CCC completo da correspondente conta corrente bancaria (20 díxitos).

     

    • Formato electrónico:

    A presentación en formato electrónico do IBAN realízase sen espazos de separación, é dicir, con todos os díxitos seguidos.
     

    • Formato papel:

    A representación en papel do IBAN é a mesma que en formato electrónico, coas seguintes excepcións:

    • As iniciais "IBAN" preceden ao IBAN e van seguidas dun espazo.

    • O IBAN divídese en grupos de catro caracteres separados por un espazo. O último grupo ten unha extensión variable de ata catro caracteres.

  • IBAN e BIC ou Swift

    Código Internacional de Identificación Bancaria (BIC), tamén chamado "código bancario SWIFT”, é o código internacional que permite unha identificación única de cada entidade de crédito e/ou das súas oficinas. Este código é necesario para automatizar o envío dos pagamentos ás caixas e bancos receptores. “código bancario SWIFT”, tamén chamado Código Internacional de Identificación Bancaria (BIC)


     
  • Que é o Mandato SEPA?


    O mandato asinado polo debedor (pagador) serve para autorizar, tanto ao acredor ao realizar o cobramento, como á súa entidade de crédito para atender os devanditos pagamentos. O mandato ha de ser emitido en papel e asinado polo debedor.

     

    O mandato debe estar vixente no momento da emisión do recibo. Caduca se transcorren 36 meses dende o último cobramento.

     

    O acredor debe custodiar o mandato asinado polo debedor por un mínimo de 14 meses despois do último recibo.
     
    Características:

    • Acordo privado entre o emisor e o seu debedor (debe conter os datos identificativos do cliente, do debedor, do servizo e o consentimento do debedor para realizar o pagamento).

    • Asinado polo titular da conta de cargo.

    • Vixente na data de presentación do recibo.

    • GNF dispón dun modelo definido segundo a normativa para todos os seus clientes.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies