Certificado enerxético

Eficiencia para a túa empresa

Que é a certificación enerxética?


A certificación enerxética avalía o comportamento enerxético dos inmobles. Con valores entre o A e o G,  a letra A representa a maior eficiencia (cor verde)  e o G, a menor (de cor vermella). Este certificado ten unha validez de 10 anos.

Dende o 1 de xuño de 2013, todos os contratos de alugueiro ou compravenda deben dispoñer, por lei, deste tipo de certificación.

Verifica se o consumo enerxético do teu local ou oficina é o correcto.

__


"Verifica o consumo enerxético
da túa empresa"


 
Que inmobles necesitan o certificado?


Todos aqueles inmobles que se poñan en alugueiro ou venda necesitan un certificado enerxético en vigor.

Ademais, dende 2007 é obrigatorio para todos os bloques de nova construción.

Prezos do certificado enerxético


O prezo do certificado enerxético varía en función da superficie do inmoble:

 

 Ata 79 m2: 119,79 €

 De 80 - 119 m2: 140,36 €

 De 120 - 179 m2: 173,03 €

 Máis de 180 m2: 239,58 €

 

Os electrodomésticos tamén inclúen unha etiqueta de eficiencia.

Todos os electrodomésticos que adquiras para o teu negocio tamén dispoñen dunha clasificación enerxética. Trátase dunha etiqueta que avalía a súa eficiencia enerxética.

Como no caso do certificado dos inmobles, divídese en letras, nunha escala que vai do A, de cor verde (maior eficiencia), ao D, de cor vermella (menor eficiencia).

Solicita o teu certificado de eficiencia enerxética


Chama o noso teléfono gratuíto.


900 834 324

Avaliaremos a eficiencia enerxética do teu inmoble.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies