Tecnoloxías ao alcance do teu negocio

  • Sistemas de calefacción 


    A tendencia á alza de consumo de calefacción nos últimos anos converteuna nunha das principais fontes de gasto enerxético e económico. Segundo o tipo de enerxía utilizada, esta pode supoñer máis do 50% do consumo enerxético da túa empresa.  

  • Cámaras frigoríficas no sector terciario 


    Como cámara frigorífica enténdese o recinto dotado de instalacións de frío artificial, que se destina a conservar alimentos ou outros produtos que poderían descompoñerse á temperatura ambiente.

     

  • Monitorización e xestión enerxética 


    A xestión enerxética é un procedemento organizado de previsión e control do consumo de enerxía. A súa finalidade é obter a maior eficiencia na subministración, así como a conversión e a utilización da enerxía, sen diminuír as prestacións necesarias para obter niveis de confort adecuados. 

  • Climatización industrial: tratamento de aire 


    O obxectivo deste tipo de climatización é conseguir, nunha planta industrial, unhas condicións óptimas e estables de temperatura, humidade e calidade do aire.

     

  • Lámpadas e luminarias 


    Para elixir o tipo de lámpada máis adecuado para cada uso, terase en conta o fluxo, a eficacia, o rendemento, a vida útil e a temperatura de cor.

     

  • Todas as tecnoloxías 


    Consulta o catálogo completo de tecnoloxías que che axudarán a potenciar a eficiencia enerxética do teu negocio.

     

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies