Terraconfort

Solucións xeotérmicas para a túa empresa. 

Cero investimentos con aforro dende o primeiro día 

Descubre a enerxía xeotérmica con este servizo de climatización que funciona mediante enerxía renovable durante todo o ano.

Grazas á tecnoloxía de bomba de calor xeotérmica, obterás un baixo rendemento e un baixo consumo que utiliza enerxía 100% renovable. Reduce ata un 60% o teu consumo enerxético sen ter que facer ningún investimento. 

__


Beneficios de Terraconfort


Un completo plan de mantemento para toda a instalación.
 Sen investimentos. A túa empresa non ten que realizar ningún investimento para a renovación ou a construción da sala técnica.

 Aforra enerxía e diñeiro. Trátase do sistema de climatización con maior rendemento do mercado con ata o 600% de produtividade.

 Impacto visual e acústico nulo. O espazo utilizado para os captadores pódese reutilizar para outros usos (para zonas de aparcadoiro, de recreo, de xardíns, deportivas,…). 

 Enerxía útil. Unha subministración completa coa que pagarás só pola enerxía que utilices e non polo combustible que consumas.
  Enerxía durante todo o ano. Este sistema non depende das condicións meteorolóxicas.

 Telexestión e control informático central. A túa instalación estará sempre controlada.

 Xestión do mantemento. Nós realizamos o mantemento preventivo para prolongar a vida da túa instalación e facémonos cargo de calquera imprevisto. Sempre cumprindo coa normativa vixente.

 Diminúe as emisións nocivas. A tecnoloxía xeotérmica non produce emisións de gases tóxicos, de CO2 nin fugas. Ao non haber torres de refrixeración, diminúe o risco de lexionelose. Ademais, reducirás o impacto medioambiental das instalacións.

Encontra toda a información
 

Solicita calquera tipo de información relacionada coas instalacións de Terraconfort para a túa empresa. Estamos á túa disposición. 

 Descarga toda a información de Terraconfort
Ponte en contacto:

Escríbenos

Para máis información:

    
900 402 020

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies