Caldeiras

Que equipo necesitas?


A auga quente é o segundo consumidor de enerxía nos fogares.


Elixe a caldeira que mellor se adapte ao teu consumo e ás características da túa vivenda.

Unha caldeira eficiente de condensación ou de baixa temperatura é a mellor elección para minimizar o gasto enerxético.

 
 
“As caldeiras mixtas poden proporcionar tanto auga quente como calefacción.”

 
 
Aproveita ao máximo o rendemento da túa caldeira usándoa para a produción de auga quente sanitaria (ACS).

É importante para ter a túa caldeira sempre a punto, realizar un mantemento periódico.
  
  • Consellos 2



 


Como funcionan?

Trátase dun recipiente de metal que serve para poñer a quentar a auga que utilizamos na nosa vivenda. Para ter a túa caldeira sempre a punto, é necesario realizar un mantemento periódico. O especialista debe comprobar regularmente o correcto funcionamento dos queimadores, a temperatura e a presión dos combustibles, do vapor e da auga de alimentación.


Que equipo comprar?

Para unha correcta regulación da temperatura, instala un dispositivo na sala principal do fogar que permita programar o arranque/apagamento da calefacción por horas e días da semana. Unha solución accesible e de doada colocación é a instalación de válvulas termostáticas nos radiadores. Con elas poderás regular de forma independente a temperatura de cada cuarto.


 

Cómpre telo en conta.

Se tes radiadores, failles purgas periódicas para eliminar o aire acumulado que dificulta a transmisión da calor do interior do radiador ao exterior.


 
 
___
"Procura comprar caldeiras de condensación ou de baixa temperatura."

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies