Solar térmica

Elixe enerxías renovables.


Coñece o sistema de funcionamento dos paneis solares.


Tamén coñecida como enerxía termosolar, aproveita a enerxía do sol para a produción de calor. Pódese aplicar á produción de auga quente, calefacción ou enerxía mecánica, e a partir dela créase enerxía eléctrica.

__

“A enerxía solar térmica transforma a enerxía do sol en enerxía eléctrica mediante paneis solares.”


 


Como funciona?
Os paneis solares, ou colectores, absorben e transforman a enerxía do sol en calor. Cobren gran parte ou todas as necesidades de auga quente en verán (do 90 ao 100%) e unha parte en inverno (do 60 ao 70% das necesidades).
 

Que equipo comprar?

Recomendámosche que utilices un sistema de almacenamento dobre, onde o circuíto e o lugar onde se almacena a auga quentada é diferente ao que circula polos colectores (paneis).

En zonas de baixas temperaturas, o circuíto dos colectores exterior necesita refrixerante.



Cómpre telo en conta.


É altamente recomendable para a produción de auga quente sanitaria, para o quentamento de piscinas, calefacción e refrixeración, posto que ao tratarse dunha enerxía renovable non contamina. Trátase dunha tecnoloxía limpa. Ademais, é un método altamente recomendable en España pola súa alta incidencia de enerxía solar por m2, de forma que é posible reducir os custos de electricidade.

Para a súa instalación é necesario un espazo con boa orientación, ampla superficie e correcta recepción do sol.

 

__

"É ideal para vivendas unifamiliares ou edificios de nova construción."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies