Chans e canalizacións

Mellora o illamento do teu fogar.



 

Aforra enerxía e auga illando ben o chan e as túas canalizacións


Polo que ao illamento de chans e canalizacións se refire, é importante ter en conta diversos factores que inflúen neste.

Axudámoste a coñecer os principais materiais que se empregan para manter un illamento térmico idóneo e evitar fugas de auga.
 

__

 
"Cun bo illamento, o teu edificio consume menos enerxía."

__


"Un mal illamento implica perdas
de enerxía e un dispendio de auga."

Illamento de chans


O máis habitual para o illamento de edificios é usar como material o polistireno. É un dos mellores illantes térmicos, é lixeiro e resiste a humidade e impactos. Non podrece, balorece ou se descompón.

Tipos de materiais usados para o illamento de chans:

 Polistireno expandido (EPS) O coñecido como porexpán.
É menos denso que o extruído, polo que se usa para os interiores de paredes.
 

 Polistireno Extruído (XPS): Incorpóranse pranchas de illamento térmico que, a ser posible, se aplican directamente sobre o pavimento ou sobre unha capa de morteiro. Non deben quedar expostas á aplicación final de uso, polo que precisa realizar un rematado con outros produtos.

 




 

__

 

"Cun bo illamento, o teu edificio consume menos enerxía."
 

Illamento de canalizacións

Nas vivendas que posúen conducións de auga quente, tanto para calefacción coma para auga quente sanitaria, é importante un correcto illamento das canalizacións.

Se temos perdas, alcanzar a temperatura axeitada é moito máis custoso.  


Materiais para illamento de canalizacións


Os materiais máis eficientes son:
 
  • Escuma elastomérica: é unha escuma flexible fabricada con caucho natural ou sintético.
  • Escuma de polietileno: é unha escuma polimérica orgánica de estrutura celular pechada, que é tamén un material flexible. 
Volver a
Illamento

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies