Cubertas

Mellora o illamento do teu fogar.



 

Evita calquera imprevisto cun bo illamento de cubertas.


As cubertas deben estar ben illadas para evitar que se produzan filtracións de auga cando chove. Garante un bo illamento térmico no interior do teu fogar, deste xeito, aforrarás enerxía e diñeiro nos teus sistemas de climatización.
 
Existen dous tipos de illamento para cubertas: exterior e interior

__ 

"O illamento é un medio de conservación da enerxía."



 

Illamento exterior das cubertas.

 La Mineral: é illante polo interior mediante revestimentos de placas de xeso laminado e illamento de la mineral:
As vantaxes da la mineral son que se aplica polo interior evitando o levantamento de tellas. Ademais, a súa montaxe é rápida e por vía "seca".


 Polistireno expandido (EPS): é un illamento de cubertas planas invertidas. Tamén coñecido como EPS_h (EPS hodrófobo), é un material específico de baixa absorción de auga que protexe a lámina de impermeabilización dos cambios de temperatura e a deterioración continua.
As vantaxes do polistireno expandido é a estabilidade que proporciona en condicións de temperatura e humidade. Ademais, a súa resistencia é mecánica en función do seu uso.

 
En illamentos de cuberta inclinada baixo tella, recoméndase cando o illamento baixo cuberta non é accesible. Esixe o levantamento do tellado, xa que os produtos de EPS empregados levan rasurado para facilitar a adherencia do morteiro de fixación da tella.

 Polistireno extruído (XPS): úsase para a rehabilitación de tellados con illamento de XPS colocado baixo tella. Estas placas instálanse sobre o soporte mediante fixacións mecánicas, adhesivos e láminas asfálticas impermeabilizantes autoadhesivas.

__


“Cun bo illamento , aforrarás enerxía e diñeiro nos teus sistemas de climatización.”

Illamento interior de cubertas.
 

 La Mineral: Está formado por un illamento ríxido ou semirríxido de la mineral e fíxase ao muro soporte cunha folla de protección (pranchas, bandexas, etc.) separada do illamento. Forma unha cámara onde circula o aire por convección. Úsase en fachadas con sistema de ventilación.
 

Vantaxes
 Non fai falta desaloxar o edificio.

 Non precisa preparacións previas do muro.

 Aplicable a calquera tipo de fachada.
 Sistema de construción en "seco" e de instalación rápida.

 Os materiais empregados son desmontables e reciclables.


 
 

 Polistireno extruído (XPS): Hai dúas formas de realizar a rehabilitación de teitos para o seu illamento dende o interior. En ambos os dous casos as pranchas non deben quedar expostas na aplicación final de uso. Por unha banda, pódese usar:
  • Unha prancha illante de XPS para revestir con xeso in situ. Deste xeito, logo se aplica o rematado final. Pode reducir a superficie útil da vivenda e a obra precisa o desaloxo dos usuarios. Permite o illamento de casas ou locais, sen necesitar acordo da comunidade.
     
  • Illar polo interior cunha prancha Illante de XPS para revestir con xeso laminado. O rematado aplícase sobre as placas de xeso.

Ofrece as mesmas vantaxes e limitacións que o illamento con xeso in situ
Volver a
Illamento

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies