Fachadas

Mellora o illamento do teu fogar.


 

Evita calquera imprevisto cun bo illamento de fachadas.

  • Un illamento eficiente da fachada fará do teu fogar un espazo confortable.

  • ​Evita filtracións de frío ou perdas de calor e minimiza os gastos de consumo enerxético.

  • Existen dous tipos de illamento para fachadas: exterior e interior

__

"Un correcto illamento da fachada é esencial para a climatización do teu fogar."



 

__


"Hai un material adecuado para cada tipo de illamento."
Illamento exterior de fachadas.

 

 Polistireno expandido (EPS): tamén coñecido como Porexpan, trátase dun material plástico expandido que se coloca para encher ocos na fachada. É doado e rápido de instalar e reduce o efecto das pontes térmicas, o risco de condensación e as perdas de calor.


 Polistireno extruído (XPS): o XPS é unha escuma ríxida resultante da extrusión do polistireno. Destaca pola súa mínima necesidade de interferencia para os propietarios do edificio e porque non reduce a superficie útil da vivenda. Corrixe todas as pontes térmicas e evita os fenómenos de condensación.

 Poliuretano: o poliuretano é unha escuma ríxida aconsellable para muros dunha folla ou con cámara de aire non accesible. Trátase dunha das técnicas máis utilizadas en caso de fachada ventilada. Tamén se emprega para recheo de cámaras de aire en muros de dobre folla con cámara de aire accesible (dende o interior ou dende o exterior).

Illamento interior de fachadas.

 

 La mineral: é ideal para o saneamento de muros, corrixe defectos no soporte destes e ofrece un perfecto illamento térmico. De rápida e sinxela instalación, a la mineral non require tempo de espera de secado e evita así o desaloxo dos veciños. Cómpre salientar que reduce uns 6 cm o espazo interior.

 Polistireno expandido (EPS): posúe un rematado de placa de xeso laminado. Ofrece as máximas prestacións co mínimo espesor de illamento.

 Polistireno extruído (XPS): úsase na rehabilitación de fachadas ou medianeiras con xeso laminado. A súa vantaxe principal é que, ao executarse dende o interior, non precisa un permiso da comunidade de veciños para a súa colocación, malia necesitar o desaloxo dos usuarios da vivenda. Ademais, reduce a superficie útil desta.
Por outro lado, as pranchas non deben quedar expostas na súa aplicación final ao ser moi delicadas pola corrección das pontes térmicas. 

__


“Un correcto illamento das fachadas é esencial para a climatización do teu fogar.”
Volver a
Illamento

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies