Ventás

Mellora o illamento do teu fogar.

 

Aprende a selar as ventás correctamente.

 

Evita fugas de aire acondicionado ou de calefacción. Un sinxelo truco para detectar se tes correntes de aire é suxeitar unha candea xunto á ventá. Así comprobas se a chama oscila e se tes filtracións.

O ideal sería instalar dobre ventá ou substituír o vidro e a carpintaría das que tes por outras máis eficientes. Tamén podes selar as infiltracións con silicona, masilla ou burletes adhesivos.

No inverno, aproveita a entrada do sol nas horas centrais do día e usa cortinas de tea grosa cando xa non incida o sol. No verán, usa toldos, persianas e cortinas para reducir a entrada do sol. 

__

 

"Sabías que o 40% das perdas
de calor se produce a través
das ventás?"

__


"O marco ocupa entre o 25% e o 35%
da superficie da ventá, mentres que
o vidro é o seu elemento fundamental."
Que importancia ten o marco e o vidro da ventá como illante?
 
A función principal do marco e o vidro nunha ventá, dende o punto de vista térmico, é a transmitancia ou coeficiente U. Este coeficiente representa o fluxo de calor que atravesa entre a cara interior e exterior desta.

Canto máis baixo sexa o coeficiente U, máis difícil será transmitir a calor, polo que terá máis capacidade illante.

No caso do vidro, tamén contamos co factor solar (g), que é a relación entre a enerxía solar que incide no vidro e a que o atravesa. 



 
Tipos de marco

 Marco Metálico: marcos de aluminio ou aceiro con acabados diferentes (lacados, anodinados, foliados imitación a madeira, etc.). Trátase da solución menos eficiente.

 Marco Metálico de Rotura de Ponte Térmica (RPT):  consiste na incorporación dun ou varios separadores, con baixa condutividade térmica, que separan os compoñentes interiores dos exteriores.

 Marco de Madeira: de baixa condutividade, proporcionan uns altos niveis de illamento.

 Marco de PVC:  as carpintarías están formadas por perfís ocos de PVC que ofrecen un illamento térmico de primeira orde.

 Outros tipos de marcos: existen outros tipos de marcos, mixtos de madeira-aluminio, poliuretano con núcleo metálico, metálicos con rotura de ponte térmica, etc.
Tipos de vidro
 

 Vidro sinxelo (monolítico):  son vidros formados por unha única folla de vidro ou por varias delas unidas entre si por toda a súa superficie (vidros laminares). É o vidro máis sinxelo e económico, pero é pouco illante.

 Vidros de baixa emisividade: son vidros monolíticos sobre os que se depositou unha capa de óxidos metálicos moi fina. Esta capa baixa a emisividade do cristal e reduce a entrada de radiación solar, polo que mellora o illamento na época estival. Normalmente estes vidros van ensamblados en dobre acristalamento para ofrecer así as súas máximas prestacións.

 Dobre acristalamento: é o conxunto de dúas ou máis láminas de vidros monolíticos separados entre si por unha ou máis cámaras de aire, hermeticamente pechadas. Este tipo de vidro limita o intercambio de calor por convección e condución, que deriva nun aumento da súa capacidade illante. O illamento vese reforzado se incorporamos vidros de baixa emisividade ou illamento térmico reforzado.

 
Volver a
Illamento
Descubre o xeito de aforrar
Simuladores de aforro de consumo

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies