Convector

Mantén quente o teu fogar.

Quenta o aire frío cun sistema eficaz.


Os convectores son un sistema eléctrico de calefacción de aire. Son moi populares entre os usuarios grazas ao seu baixo consumo e mantemento, e a que son aparatos limpos.

__

"Un convector ofrece
unha calor instantánea
e reconfortante."


 

__

"Os convectores son ideais para quentar estancias pequenas."

Por que escoller un convector e como quenta o aire frío.

Funcionan mediante unha resistencia de baixa temperatura que quenta o aire frío que toma da parte inferior e expulsa o aire quente pola parte superior.
Como funciona?

Son rápidos e eficaces, e non necesitan ningún tipo de instalación. O seu uso é moi sinxelo, só tes que regular a temperatura no termóstato do sistema.


Que equipo comprar?

Adoitan ser aparatos pequenos con patas para apoialos no chan, e totalmente portátiles, polo que son moi funcionais.
Ten en conta o seu tamaño para pensar onde colocalos. 

Se desexas un sistema máis eficiente, aconsellámoste instalar unha bomba de calor, coa que poderás refrixerar e quentar a túa vivenda cun menor consumo de enerxía.

En cambio, son equipos moi útiles como sistema de apoio de climatización.

__

"É unha calefacción limpa que non emprega
gases nin emite fumes."

Cómpre telo en conta.


Hai varios factores significativos para ter en conta, como pode ser:


 Trátase dun sistema de calefacción directa.

 Non require obras de instalación.

 Son silenciosos e funcionan de forma automática.


__

"Existen convectores fixos de parede ou portátiles
con asas e rodas."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies