Emisor termoeléctrico

Mantén quente o teu fogar.


Xera calor cun emisor termoeléctrico.


Os emisores térmicos son un tipo de calefacción fixa que funciona conectándoos á rede eléctrica. Son os equipos eléctricos que menos consumen, grazas á súa inercia térmica (manteñen máis a calor) e a que necesitan un 30% menos de potencia.

Se buscas unha calefacción de doada instalación, esta pode ser a túa alternativa.

__

"É unha calefacción limpa que non emprega gases nin emite fumes."








 


Por que escoller un emisor termoeléctrico e como xera calor.


Os emisores termoeléctricos levan incorporado un termóstato co que se pode controlar o seu consumo. O seu uso é moi sinxelo, só tes que regular a temperatura á que desexas quentar a estancia.


Como funciona?

Emite calor a través dun fluído térmico que optimiza a súa transmisión e eficiencia. A potencia varía en función do número de elementos dos que dispoñas. A maior número de elementos, maior é a súa potencia.


Que equipo comprar?

Se o que buscas é eficiencia enerxética, mellor instala unha bomba de calor, que ofrece refrixeración e calefacción, todo nun.

Os emisores termoeléctricos son sistemas menos eficientes debido ao seu consumo de electricidade. Á hora da súa instalación, ten en conta a potencia que necesitas en cada estancia en función dos m2 que vaias quentar. 21 Para un correcto dimensionamento, consulta un profesional.

Son equipos fixos, polo que se desexas un móbil deberás decantarte por outras alternativas.


__

"Apaga o emisor media hora antes de marchar de casa. A calor residual é prolongada."


__

"Producen maior cantidade de calor que un radiador
eléctrico de aceite coa mesma potencia."



Cómpre telo en conta.


Hai varios factores significativos para ter en conta, como pode ser:

 O seu doado uso e mantemento.

 Unhainstalación rápida e sinxela.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies