Radiadores

Mantén quente o teu fogar.

Quenta calquera recinto cun bo radiador.


Existen varios tipos de radiadores: os de resistencias, os de aceite e os infravermellos.

O mellor é deixarse aconsellar por un profesional para escoller o máis adecuado para o teu fogar.

__

"Ideais para vivendas
que non necesitan
un alto consumo de calefacción"

__


Por que escoller radiadores, son realmente eficientes?


Como funciona?

Dispoñen de diferentes modos de funcionamento segundo as necesidades do usuario.

Cos radiadores controlas a temperatura da calefacción e evitas sobrequentamentos. Así non desperdiciarás enerxía cando o radiador estea a unha temperatura axeitada.

 
Que equipo comprar?

Só se recomenda o seu uso como sistema de apoio do equipo principal de calefacción. Os radiadores eléctricos son 100% eficientes, o que significa que toda a electricidade que consumen se converte directamente en calor.

A súa capacidade de mobilidade e de almacenaxe pode resolver necesidades puntuais de calefacción en recantos onde non se instalaron sistemas de calefacción central.
Diferentes tipos de radiadores
 
 Radiadores de resistencias:
Emiten calor a través de resistencias eléctricas situadas no interior da carcasa do radiador.

Para coñecer máis detalles sobre estes radiadores, fai clic aquí

 Radiadores de aceite:
Son equipos totalmente independentes que se poden mover a calquera parte da casa sen a necesidade de realizar cambios nas instalacións. 
 
Para coñecer máis detalles sobre estes radiadores, fai clic aquí

 Radiadores por infravermellos:
Son equipos que favorecen a circulación sanguínea e que non resecan as vías respiratorias, ademais de eliminar ácaros e bacterias.

 
Para coñecer máis detalles sobre estes radiadores, fai clic aquí


__

"Existen radiadores de deseño que tamén decoran o fogar."

__

"Os radiadores non deben utilizarse
para secar a roupa."

Cómpre telo en conta.


Hai varios factores significativos para ter en conta, como pode ser:


 Son de doado uso e instalación.

 Son equipos móbiles.

 Requiren un mantemento mínimo.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies