Cociñas, fornos e microondas

Elixe o teu electrodoméstico.


 

Equipa a túa cociña con electrodomésticos eficientes


Vitrocerámica ou cociña con queimadores? Microondas con grill ou sen grill? Forno convencional, con aire quente ou multifunción?

Escoller electrodomésticos adecuados ás túas necesidades e de baixo consumo é a mellor opción para sacar todo o proveito á túa cociña. 

__

Cociñas

As cociñas pódense clasificar en función da enerxía utilizada:

 A gas:
Son as máis eficientes.

 Eléctricas:
Son as preferidas polos usuarios. Hainas con placa de resistencia, con placa vitrocerámica ou con placa de indución, que son máis eficientes dado que o seu consumo enerxético é menor.

Ademais, con indución o tempo de cocción redúcese ata un 40%. Seguiríanlle as vitrocerámicas convencionais con consumos e tempos de cocción moito máis altos e, por último, as cociñas de resistencias.

Que equipo comprar?

Antes de adquirir unha cociña, debes ter claro que sistema prefires, se eléctrico ou a gas. Aconsellámoste as cociñas a gas pola súa eficiencia, pero se che gustan máis as eléctricas, decídete por unha de indución.

Aposta sempre por modelos de consumo enerxético reducido.

__

"Existen placas con altas prestacións de seguridade."
Mantemento placas eléctricas Mantemento placas de gas
 Limpa a placa cun pano suave unha vez arrefríe.  Asegúrate de que as saídas do gas están limpas para evitar obstrucións.
 Emprega produtos específicos para placas eléctricas.

 Usa unha rasqueta para eliminar restos de comida.
 
Canta enerxía consome?

O consumo da cociña depende en boa medida dos hábitos de cada familia. Pode que a vitrocerámica sexa máis barata e rápida de instalar que a placa de gas, pero tamén é a máis ineficiente pola súa elevada perda de calor residual. Gústeche ou non, a mellor opción de cara ao aforro é o gas. Se prefires unha placa eléctrica, escolle a de indución.

En concreto, a vitrocerámica emite uns 450 gramos de CO2 por kWh, fronte ás placas de indución, que só emiten 200 gramos de CO2 por cada kWh.


 

Reduce o consumo enerxético.

 
 Escolle baterías de cociña adecuadas. Hai materiais máis eficientes ca outros. Unha pota a presión reduce un 60% o consumo en comparación cunha convencional.

 Aforra tempo, diñeiro e enerxía. Cociña grandes cantidades de comida e logo conxélaas.

 Facilita o traballo do extractor. Asegúrate de que non hai correntes de aire e mantén os filtros limpos.
 Utiliza potas e tixolas que teñan un diámetro algo superior á superficie da placa. A cocción será máis rápida e aforrarás ata un 20%.

 Aproveita a calor residual. Apaga o lume 5 ou 10 minutos antes de rematar a cocción.

 


 

 

__

Fornos

Os fornos pódense clasificar en función da enerxía utilizada:
 

  A gas:

Son os máis eficientes.


 Conxeladores verticais:

Son os preferidos polos usuarios (instalados no 89% dos fogares). Posúen etiquetas enerxéticas que discorren do A, as máis eficientes, ao G.

 


 

Que equipo comprar?

Procura comprar un forno a gas, que resulta máis eficiente que un eléctrico. 

En todo caso, se vas comprar un forno eléctrico, procura que sexa de clase A, xa que aforrarás enerxía e diñeiro.

__

"Os fornos pirolíticos autolavables son os favoritos dos usuarios."

Canta enerxía consome?
Na etiqueta enerxética distínguense 3 tamaños: pequeno, mediano e grande, dependendo do seu volume útil. No forno eléctrico, a clase de eficiencia outórgase por consumo específico, non por comparación con outros fornos.

A referencia de consumo é a media do consumo en kWh con carga normal e corresponde ás clases C - D:
  • Forno pequeno: 1 kWh.
  • Forno mediano: 1,2 kWh.
  • Forno grande: 1,4 kWh.
 
A modo de exemplo se compras un forno pequeno de clase enerxética A, o seu consumo é 0,60 kWh por uso, fronte ao consumo dun forno eléctrico de clase E ou F, que é de 1,40 kWh por uso. 

As familias españolas usan o forno, de media, unha vez por semana, polo que, con este cambio, aforrarían 85 kWh por ano.


 

Reduce o consumo enerxético.

 
 Abre o forno só cando sexa estritamente necesario. Cada vez que abres a porta, perde un 25% de enerxía acumulada.
 
 Aproveita toda a capacidade do forno. Se é posible, cociña varios alimentos á vez.
 
 Aproveita a calor residual. Apaga o forno antes de finalizar a cocción.
 
 Mantén limpas as paredes. Evitarás aumentar o consumo enerxético á hora de quentalo.
 
 Quenta o forno só durante 10 minutos antes de cociñar. Máis tempo aumentará o consumo significativamente. 


 

__

Microondas

Os microondas pódense clasificar segundo as súas funcións:

 Sen grill: é o modelo máis básico.

 Con grill: é o modelo máis vendido do mercado.

 De convección: posúen un ventilador que fai circular o aire quente arredor da comida de forma uniforme.

 Con vapor: basea o seu funcionamento nunha caldeira de alta eficiencia que xera vapor. 


Que equipo comprar?

O microondas consume menos tempo e entre un 60 e un 70% menos de enerxía que o forno. Por exemplo, quentar un litro de auga a 90 ºC consumirá 0,10 kWh, o que traducido en euros son 1,3 céntimos.

Ademais, tampouco se perde enerxía ao abrir a porta como acontece co forno. En termos de eficiencia , todo son vantaxes.

 

Canta enerxía consome?

Elixe un microondas que teña o tamaño e a potencia axeitados ás túas necesidades reais. O seu funcionamento é distinto ao do forno.
A máis cantidade de comida para quentar, máis potencia ou tempo necesita.

__

"As funcións extra encarecen
moito o microondas."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies