Frigoríficos e conxeladores

Elixe o teu electrodoméstico.

 


Descubre como escoller un frigorífico ou conxelador eficiente.


O frigorífico e o conxelador son os electrodomésticos que máis usamos.
Tamén son dous dos equipos que máis consumen, pola súa función de manter 24 horas diarias os alimentos frescos (sempre están en marcha).

__

"Se queres reducir gastos e aforrar enerxía, cómpraos de clase enerxética A e elixe o modelo que máis se adecúe ás túas necesidades."

__

Frigoríficos

Existen varios tipos de frigoríficos:
 
  Frigorífico combi ou combinados
Que inclúe unha parte superior para a neveira e outra parte inferior para o conxelador.
 Frigorífico americano:
De gran capacidade e con dispensador incorporado nalgúns modelos.
 
 Frigorífico dunha porta:
O frigorífico e o conxelador son independentes.
 Frigorífico de dúas portas:
Teñen a parte do conxelador arriba e o frigorífico abaixo.

 
Que equipo comprar?

Escolle frigoríficos que se axusten ás necesidades do teu fogar para facer unha boa compra. Considera opcións como o tamaño, as prestacións e o gasto enerxético.

Os mellores modelos son os combi no frost. Compra equipos con etiqueta enerxética da clase A.

 

Canta enerxía consome?

O consumo do frigorífico depende das súas características: capacidade, número de compresores, sistemas de desconxelación, disposición... e da eficiencia enerxética do aparato.
 
O consumo medio dun frigorífico combi cunha capacidade de 320 litros útiles e de clase enerxética D é de 594 kWh/ano. Un frigorífico coa mesma capacidade, pero de clase enerxética A++, consume tan só 197 kWh/ano, polo que aforras ata un 70% de enerxía.

__

"Os frigoríficos teñen unha vida útil duns 15 anos."

Reduce o consumo enerxético.

 Configura a temperatura entre 3 ºC e 7 ºC.

 Coloca os alimentos de maneira que poida circular o aire frío.

 Cobre sempre os líquidos e envolve os alimentos.

 Evita abrir as portas continuamente.

 Asegúrate de que as xuntas selan correctamente.
 Deixa uns 5 cm entre a parte traseira, a parede frontal e os laterais.

 Evita a formación de xeo.

 Coloca o aparato lonxe de fontes de calor como o forno ou a luz solar.

 Desconéctao en ausencias prolongadas.

 Limpa cada 3 ou 4 meses a parte traseira.

 

 

__

Conxeladores

Existen diferentes tipos de conxeladores:
 

 Conxeladores horizontais:

A porta sitúase na parte superior. Ofrecen maior capacidade de almacenaxe. Teñen un interior diáfano. Tamén se lles coñece como conxeladores hucha.


 Conxeladores verticais:

As portas sitúanse na parte frontal. Teñen aparencia de frigorífico e, en ocasións, son combinables. No seu interior hai bandexas e caixóns.

 


 
Que equipo comprar?

Procura comprar conxeladores coa etiqueta enerxética A, e lembra que debes elixir o tamaño do conxelador de acordo coas necesidades do teu fogar.

 
Canta enerxía consome?

Como acontece co resto de electrodomésticos, os conxeladores teñen un certificado de eficiencia enerxética que se divide en letras.

O A, de cor verde, é a máis eficiente (A++) cun consumo respecto á media inferior a 42%, e o G, de cor vermella, é a menos eficiente.

__

"Os conxeladores horizontais teñen máis capacidade de carga."

Reduce o consumo enerxético.

 Configura a temperatura a -18 ºC.

 Deixa que os alimentos arrefríen antes de metelos a conxelar.

 Evita abrir a porta continuamente.
 Coloca o aparato lonxe de fontes de calor como o forno ou a luz solar. 

 Sitúao nun cuarto fresco, non ten por que estar xunto ao frigorífico. 

 Desconéctao en ausencias prolongadas e limpa cada 3 ou 4 meses a parte traseira.


 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies