Lavadoras e secadoras

Elixe o teu electrodoméstico.

Descubre como escoller un electrodoméstico eficiente


Se queres reducir gastos, e aforrar enerxía, compra electrodomésticos de clase A.

Grazas ao seu certificado de eficiencia enerxética, reducirás ata un 55% o consumo medio en comparación con outros electrodomésticos.

__
 

Lavadoras

As lavadoras pódense clasificar en función de diversas características:
 
 Polo tipo de carga: 
As de carga superior posúen velocidades de centrifugado inferiores.

 Pola velocidade de centrifugado: 
As máis usuais van de 500 rpm a 1.300 rpm Algunhas lavadoras incorporan sistemas de equilibrado e centrifugado graduais para reducir as tensións.

 Polos programas de funcionamento: 
Os máis eficientes son o programa económico, o lavado curto, o lavado con auga fría e o de lavado a media carga.


 
Que equipo comprar?

Fíxate na etiqueta enerxética e en especificacións como a eficacia de centrifugado ou do consumo de auga e de enerxía por ciclo de lavado.

Adquire lavadoras de clase A+, A++, A+++ con diferentes ciclos de lavado e que ofrezan a elección da temperatura de lavado.

__

"A menor temperatura,
máis aforro."

Uso e mantemento
 
 Agrupa a roupa segundo a clase de tecido, programa e temperatura.

 Elixe ciclos de auga morna ou fría. Só necesitas auga quente en caso de manchas difíciles

 Utiliza deterxentes líquidos. En caso de que uses deterxente o po, dilúeo en auga para que a lavadora traballe menos.
 Usa a dosificación axeitada de deterxente. A súa utilización en exceso provoca que a escuma faga traballar de máis o motor.

 Mantén limpo o filtro. Así evitarás obstrucións e mellorará o funcionamento do aparato.

 Usa descalcificantes para eliminar as impurezas e o cal do filtro.      

Canta enerxía consome?

Unha lavadora de clase enerxética A consume uns 171 kWh/ano, e unha clase D, 377 kWh/ano. A clase A pode supoñer un aforro de 370 € ao longo da súa vida útil.


Reduce o consumo enerxético.


 Pon a auga á menor temperatura posible. Entre o 80% e o 85% da enerxía que gasta unha lavadora se produce ao quentar a auga. Diminuír a temperatura de 40 ºC a 15 ºC, reduce o consumo de enerxía á metade.

 Carga a lavadora ao máximo da súa capacidade . Rendibiliza o consumo enerxético de cada lavado. Dous ciclos de lavado a media carga consomen máis que un a carga completa.

 Adquire lavadoras con programas de centrifugado potente (1.200 r.p.m- 1.500 r.p.m). Así reducirás o uso da secadora, que consume moita máis enerxía. Un centrifugado de alta velocidade é moito máis eficaz que outro de menos potencia e practicamente consomen o mesmo.

 

 

__

Secadoras

 As secadoras pódense clasificar de diferentes formas:

 Polo tipo de carga: Frontal ou superior.


  Polo xeito de evacuación da humidade:
  • De condensación: condensan a auga da roupa.
  • De extracción: evacúan a auga en forma de aire húmido ao exterior.

 Polo sistema de parada do equipo.
  • Sensor de humidade: un sistema intelixente detén o proceso de secado.
  • Temporizador:o tempo de secado está prefixado.
  • Ciclos con arrefriamento progresivo: rematan de secar a roupa coa calor residual.

 
Que equipo comprar?
 

As secadoras teñen a etiquetaxe enerxética convencional, da letra A ata o G. As secadoras a gas son as máis eficientes.

Se elixes unha secadora eléctrica, que sexa de clase enerxética A e de condensación.

__


"Na etiqueta indícase a capacidade, o consumo
de enerxía, e o tipo de secado." 

Uso e mantemento. 
 
 Coloca a secadora nun lugar seco e ben ventilado. Se é un cuarto pechado, conéctaa ao exterior cun tubo de saída.

 Emprega a secadora ao nivel de carga que indica cada ciclo. Se necesitas secar pouca roupa, axusta o nivel de temperatura e o tempo de secado.

 Inspecciona periodicamente o orificio de ventilación. Evitarás obstrucións e posibles incidentes.

 Fíxate en que non existan perdas de calor ou fugas, nas xuntas, na porta, etc.
 Agrupa a roupa segundo o tipo de tecido. Así poderás elixir ciclos adecuados para cada grupo de pezas.

 Limpa sempre o filtro despois de cada secado. Mellorará a circulación do aire e evitará posibles accidentes.

 Saca a roupa cando remate o ciclo de secado. Evitarás o óxido nas partes metálicas.

Canta enerxía consome?


Unha secadora media de clase
D consome uns 304 kWh/ano, e o dunha clase A é de 167 kWh/ano. A diferenza de aforro é case do 50%, o que equivale a uns 190 € ao longo da súa vida útil.
 


Reduce o consumo enerxético.

 
 Utiliza os programas automáticos de detección de humidade. Son máis exactos e eficientes que os programas manuais.

 Usa o ciclo de arrefriamento progresivo. Deixa que a roupa remate de secar coa calor residual da secadora.
 Centrifuga a roupa antes de metela na secadora. O centrifugado consome moita menos enerxía que a secadora.

 Aproveita os días soleados para secar a roupa ao aire libre. É a forma máis eficiente e limpa de secado.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies