Lavalouza

Elixe o teu electrodoméstico.

Descubre como escoller unha lavalouza eficiente.


Se queres reducir gastos, e aforrar enerxía, compra unha lavalouza de clase A.

Grazas ao seu certificado de eficiencia enerxética, reducirás notablemente o consumo medio en comparación con outros equipos.
Comproba que a túa máquina permita lavar con ciclos económicos/ecolóxicos, é dicir, que poidas regular a  temperatura da auga e os tempos de lavado.

__


Lavalouza 

As lavalouzas pódense clasificar en función do seu tamaño:
 
 Estándar: é o modelo máis vendido. Ten unha capacidade de entre 12 e 14 cubertos. Mide uns 60 cm de ancho.

 Compacto: é ideal para cociñas pequenas. Ten unha capacidade de 6 cubertos. Mide ao redor de 45 cm de ancho.

 Panelable ou integrable: é como a estándar, pero pódese situar sobre o moble para proporcionar máis espazo á cociña. Ten unha capacidade de ata 9 cubertos. Mide entre 45 e 60 cm de ancho.



 
Que equipo comprar?
 

As etiquetas enerxéticas das lavalouzas van do A ao D e teñen en conta a eficacia de lavado, a eficacia de secado e o consumo de auga e de enerxía por ciclo de lavado. Á hora de comprar unha lavalouza, ten presente que capacidade de lavado necesitas. Se normalmente tes poucos pratos para lavar, dificilmente poderás utilizar unha máquina grande a plena carga e, polo tanto, nunca estarás a traballar coa lavalouza a pleno rendemento. 

__

"As lavalouzas deteñen
a propagación de xermes."

Busca o modelo que che proporcione máis opcións de lavado e que inclúa ciclo frío e económico. Calcúlase que unha familia de catro persoas pode aforrar co uso da lavalouza duascentas horas anuais das trescentas que son necesarias para a limpeza da vaixela, co conseguinte aforro de enerxía e auga.

Tamén existen lavalouzas bitérmicas, que teñen dúas tomas independentes de auga, unha quente e outra fría. A auga quente extráese do circuíto de auga quente sanitaria e aforra enerxía e tempo de lavado.
Canta enerxía consome?

O consumo de auga e electricidade dunha lavalouza depende da súa capacidade e do programa elixido. 

O consumo medio dunha lavalouza de clase D é de 372 kWh/ano. Se cambiamos este aparato por un máis eficiente de clase A, cun consumo enerxético de 254,4 kWh/ano, aforramos preto de 118 € ao longo da súa vida útil, que adoita ser de 10 anos.

 Limpa periodicamente o interior da máquina, especialmente as gomas e xuntas da porta.

 Elimina os restos de comida dos pratos antes de metelos no aparato.

 Mantén cheos os depósitos de abrillantador e sal.

 Limpa habitualmente o filtro para evitar obstrucións.

 Elixe o programa adecuado ao tipo, cantidade e sucidade da vaixela.
 Aclara o filtro despois de cada lavado.

 Deixa a porta medio aberta para evitar malos cheiros en ausencias longas.

 Usa produtos antical para alongar a súa vida útil se a auga da túa vivenda é dura ou moi dura (con altos niveis carbonatos, cloruros, etc.). 

 Pon a lavalouza cando estea totalmente chea. Non a cargues en exceso nin superpoñas pezas.  
Mantemento

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies