Pequenos electrodomésticos

Elixe o teu electrodoméstico.

Descubre os electrodomésticos de uso diario máis adecuados

Escolle aqueles que de verdade necesites, segundo as necesidades do teu fogar. 
 
Os pequenos electrodomésticos facilítannos o traballo do día a día no fogar. Por iso, debemos optimizar o seu uso para así aforrar enerxía. 

__

Pequenos electrodomésticos

Os pequenos electrodomésticos pódense clasificar en función da súa función. 
 

 Coidado persoal e estética: 
Máquinas de afeitar, tensiómetros, secadores e alisadores de pelo, básculas, etc.

 Preparación de alimentos:
Licuadoras, cafeteiras, batedores, frixideiras, fervedoiros, etc.

 Limpeza e tarefas domésticas: 
Aspiradores, ferros de pasar, cepillos de vapor, máquinas de coser, etc. 
Que equipo comprar?
Os pequenos electrodomésticos facilítannos o traballo do día a día no fogar. Escolle aqueles que de verdade necesites.

Cantos máis aparatos teñas, maior será o consumo eléctrico. Optimiza o seu uso para aforrar enerxía.

__


"Os pequenos electrodomésticos non dispoñen
de etiqueta enerxética."
Canta enerxía consome?

Os pequenos electrodomésticos consumen un 7% da enerxía do fogar. Estes teñen potencias moi dispares. Os que producen calor, como o ferro de pasar, teñen potencias maiores que os que só realizan accións mecánicas, como o batedor.

Por exemplo, unha máquina de afeitar ten unha potencia de só 30 W,  mentres que un robot de cociña é de 1.950 W. A diferenza é significativa. Cando os elixas, ten en conta a súa potencia.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies