Cuartos de baño

Iluminamos o teu espazo

Os espellos son o teu grande aliado no cuarto de baño.  


Recomendámosche que aproveites o reflexo da luz en espellos, paredes e azulexos, e no teito para potenciar a iluminación xeral do cuarto de baño. 
 Como se deben distribuír as lámpadas? 

 No baño non sempre se necesita a mesma cantidade de luz.
Aconsellámoste unha luz xeral e outra específica para os espellos.  

 Nos espellos conseguirás unha mellor iluminación colocando focos con lámpadas de pequena potencia na parte superior ou a ambos os dous lados. 


 

__

"Se tes ventás no cuarto de baño
orienta os espellos cara a elas."

 Que lámpadas son as axeitadas? 

 A iluminación xeral do cuarto de baño pódese realizar con tubos fluorescentes ou lámpadas de baixo consumo.  

 Para a zona do espello, os halóxenos de baixo consumo poden ser unha boa solución pola reprodución cromática que teñen, e a intensidade da luz que proporcionan.

Pódense utilizar tamén tubos fluorescentes colocados na parte superior do espello. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies