Despacho

Ilumina o teu despacho

O importante é traballar a gusto.


Para reducir a fatiga visual producida polo contraste entre sombras e luces da pantalla, é aconsellable iluminar tamén a zona posterior do ordenador. 

__

"Dirixe a luz ao lugar desexado
para traballar mellor."

Como se deben distribuír as lámpadas? 

 
 En todo o despacho, é aconsellable unha iluminación xeral eficiente.  

 Para o ordenador, ou a mesa onde levamos a cabo as tarefas de lectura, escritura ou uso do ordenador, é necesaria unha iluminación concentrada preto do plano de traballo que ilumine de forma ampla pero tamén intensa.  

 Para a zona posterior á pantalla do ordenador, é aconsellable, para a redución da fatiga visual, conectar unha lámpada de iluminación difusa dirixida á parede. Desta forma, reduces o contraste entre luces e sombras da pantalla.  


 


 

Que lámpadas son as axeitadas? 
 
 A iluminación xeral do despacho pódese realizar con lámpadas fluorescentes compactas de 11 W a 20 W.  

 Cerca do plano de traballo é aconsellable utilizar lámpadas fluorescentes que emiten menos calor que as incandescentes tradicionais. 


 Na parte posterior da pantalla do ordenador, a solución é instalar un pequeno fluorescente debaixo dun estante ou unha lámpada de baixa potencia na mesa de traballo. Evitarás a fatiga visual.  
 
Se queres consultar con máis detalle os diferentes tipos de lámpadas que hai no mercado, fai clic
aquí.  

__

"Coloca pantallas que eviten cegamentos directos."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies