Cuartos

Iluminamos o teu espazo. 

Os cuartos son o teu lugar na casa.  
 

Nos cuartos asegura unha boa iluminación xeral e reforza algúns recantos con iluminación específica, como na mesa de noite ou no vestidor para crear un ambiente agradable. 

__

"Crea o teu propio ambiente"
 

Como se deben distribuír as lámpadas? 
 

 Nas ventás non utilices cortinas moi tupidas e aproveita a luz natural durante o día.

 Preto dos espellos precísase unha boa iluminación para que a luz se reflicta.  

 Para a cama, utiliza lámpadas orientables individuais, que facilitan a lectura e proporcionan unha luz intensa pero orientada.  

 Para os armarios, orienta os focos do teito ou as filas de halóxenos cara ás súas portas. Desta forma evitas cegamentos e ofreces amplitude ao cuarto.

 Para o cuarto dos nenos dispoñerase dunha boa iluminación xeral, capaz de iluminar axeitadamente o chan e as paredes, co fin de non deixar ningún recanto escuro. Coloca unha lámpada de teito central ou unha plataforma con tres ou catro focos orientados. 


 


 

Que lámpadas son as axeitadas? 


 A iluminación xeral pódese axeitar con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W. Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño do cuarto e do número de lámpadas.

 No cuarto dos nenos, polas noites, non deixes acendidas lámpadas de luz de incandescencia. A mellor solución para facilitar unha iluminación tenue son os led decorativos.  

Se queres consultar con máis detalle os diferentes tipos de lámpadas que hai no mercado, fai clic
aquí.  

___

"Aproveita a luz do día todo
o que poidas."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies