Salón

Iluminamos o teu espazo

Como iluminamos un espazo que ten distintas zonas de ocio ou traballo?


O salón de casa é un espazo no que realizamos tarefas moi distintas. Polo xeral, necesítanse entre tres e dez puntos de luz, como son as lámpadas.

Diferéncianse polos seguintes tipos: orientable, xeral, puntual e difusa.
Hai unha serie de normas e consellos básicos sobre a tipoloxía de lámpadas adecuada e a distribución destas.

___

“Para a iluminación xeral, é conveniente unha intensidade menor e máis relaxante”



 

___

Coa luz axeitada, a túa casa
será máis acolledora
"

Como se deben distribuír as lámpadas?


No salón realízanse diferentes tarefas que precisan de diferentes formas de iluminación. Por exemplo, a iluminación para ver a televisión debe ser adecuada para non fatigar os ollos. Coloca unha luz tenue que apunte á parede e detrás do aparato. Poderás reducir o contraste entre luces e sombras.

No comedor debes iluminar o elemento principal, a mesa. Para iso, a mellor iluminación é unha lámpada de teito que se encontre a 55 cm ou 60 cm sobre a superficie da mesa para evitar cegamentos. Os interruptores individuais permítenche variar o tamaño da área iluminada e o consumo.

Para as zonas de lectura, ou en recantos utilizados para tarefas visuais, requírese unha luz intensa.

Ademais, resulta aínda máis cómoda se é regulable en altura e en ángulo de incidencia sobre o plano de traballo. Instala unha lámpada que proporcione unha luz concentrada e sen reflexos.

Que lámpadas son as axeitadas?


En zonas de conversación, ou mobles de esquina, as lámpadas fluorescentes compactas (de 11 W a 20 W) ou led (de 7 W) son as idóneas.

Sobre a mesa do salón comedor, e en función da forma desta, unha única lámpada fluorescente de baixo consumo (de 15 W a 20 W) ou varias de menor potencia son suficientes. 

Para a iluminación xeral, pódense utilizar lámpadas fluorescentes compactas (de 11 W a 20 W) ou lámpadas led (de 7 W). 

___

“Recorda que as lámpadas
tamén forman parte da decoración”

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies