Propiedades de iluminación

A luz que ilumina o teu fogar.



Maximiza a súa eficiencia, intensidade e eficacia.


A iluminación provén de moitos tipos de fontes, naturais e artificiais.


Para obter o control sobre a luz, selecciona o tipo de luces e disponas de maneira que produzan o efecto desexado. Deste xeito, cúmprese cunha funcionalidade práctica para proporcionar a luz que necesitas, e unha función estética, para que a contorna se adecúe ás túas expectativas. 

 


"A iluminación cumpre unha dobre

función: práctica e estética."


 
 
  • Consellos 5

 

Coñece as principais características da iluminación.

Descubre como funcionan os diferentes tipos de lámpadas sobre a base das súas propiedades lumínicas. Coñece as principais propiedades da iluminación. 

Fluxo luminoso (Ф)

É a cantidade total de luz radiada ou emitida por unha fonte durante un segundo, e en todas direccións.
 

Intensidade luminosa (cd)

É a relación que existe entre o fluxo luminoso contido e un ángulo sólido calquera, cuxo eixe coincida coa dirección considerada. 

Unidade:Candela (cd).

 



“O nivel de iluminación ou iluminancia
defínese como o fluxo luminoso incidente
por unidade de superficie.”




 
Iluminación (E)
Tamén chamado iluminancia, é o fluxo luminoso incidente por unidade de superficie. A cantidade de luz necesaria para unha estancia mídese nesta unidade.
Unidade: Lux (lx).
 
Temperatura de cor (Tc)
Tamén chamado ton de cor, é o aspecto xeral do ambiente que proporciona a iluminación. Pode ser cálido, neutro ou frío.
E = Ф / S (lumen/m2) = Lux
Unidade: Grao Kelvin (K).


 
Luminancia (L).
É a intensidade luminosa nunha dirección dada por unidade de superficie aparentemente luminosa ou iluminada.
Unidade: cd/m2.
 
Eficacia luminosa.
Tamén chamado rendemento luminoso, é o cociente entre o fluxo luminoso producido e a potencia eléctrica consumida. Canto maior é, máis fluxo luminoso emite.
Unidade: lm/W (lumens/watt).






"As lámpadas con índice de cor menor de
80 non deben usarse en interiores."






 
Cegamento
É un fenómeno da visión que produce molestia ou diminución na capacidade para distinguir obxectos.
 
Índice de cegamento unificado (UGR)
Define numericamente os límites de cegamento. Serve para de determinar o tipo de luminaria que debe usarse.
Rendemento da cor (I.R.C. ou Ra)
É un valor numérico que nos relaciona o efecto que produce unha fonte de luz sobre a cor dos obxectos que ilumina, en comparación coa cor que representarían ao ser iluminados por unha fonte de luz perfecta (con I.R.C. 100). 
Este parámetro define a calidade da luz dunha determinada lámpada.


Ten en conta a vida media e útil de cada unha das lámpadas.

Dependendo das características de cada lámpada, aforrarás ter que cambialas a cada momento.
Vida útil:
Indica o tempo de funcionamento dunha lámpada no cal o fluxo luminoso descende a un valor tal que a fonte de luz non é rendible e é recomendable a súa substitución.
 
Vida media

É o número de horas de funcionamento dunha lámpada.
 

Tipo
Vida media

Incandescente

 1.000 horas

Halóxena

2.000 horas

Fluorescente tubular

12.500 horas

Fluorescente compacta

8.000 horas

Led

50.000 horas

Coñece con máis detalle os diferentes tipos de lámpadas que hai no mercado.

 
Tipos de lámpada

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies