Tipos de lámpadas

A luz que ilumina o teu fogar.



Acende a luz que queres que te ilumine.


Escolle as lámpadas máis adecuadas para cada espazo e síntete cómodo esteas onde estiveres. Para unha correcta iluminación, é esencial poñer atención a diferentes factores, tales como, o número de fontes luminosas, a dirección na que orientamos a súa luz, o grao de difusión, a presenza ou ausencia de superficies reflectoras, ou mesmo o tamaño e a cor que che proporcionan. 

 

 

 
"A distancia é un factor fundamental para a colocación das lámpadas."



 
 
  • Consellos 5

"A distancia é un factor fundamental para a colocación das lámpadas."

Coñece como funcionan e o tipo de iluminación que proporcionan 


Incandescentes

Son  as máis comúns polo seu baixo custo e a súa facilidade de uso. Pasan a corrente eléctrica a través dun filamento que alcanza temperaturas moi elevadas. Son as de maior consumo enerxético. Teñen unha vida útil de 1.000 horas e unha excelente reprodución da cor.
 

Halóxenas

Usan o mesmo sistema que as incandescentes. No seu interior conteñen un composto halóxeno que mellora a súa eficiencia e vida útil ata 2.000 ou 3.000 horas. Proporcionan luz de alta calidade. As halóxenas de baixo consumo ofrecen a mesma iluminación e unha maior vida útil, 5.000 horas, polo que aforran ata un 40% de consumo.

Fluorescentes

Tamén coñecidas como lámpadas fluorescentes tubulares, compóñense dun tubo de vidro que contén unha cantidade pequena de gas. A luz conséguese ao sometelo a unha descarga eléctrica entre dous eléctrodos. Necesitan un equipo auxiliar para funcionar, aínda que no mercado as hai co equipo integrado.

Reactancias ou balastros: proporcionan enerxía. Hainos electrónicos ou electromagnéticos. A tecnoloxía electrónica achega un 25% de aforro enerxético fronte á electromagnética, ademais dun arranque máis rápido e fiable, e a eliminación do molesto pestanexo.

Arrancador: eleva a tensión inicial necesaria no arranque.

Condensador: utilízase para a corrección do factor de potencia, que é moi baixo nas lámpadas fluorescentes.



 


“Os fluorescentes clasifícanse
en función do diámetro.”






 

Optimiza o consumo de enerxía das túas lámpadas.

 

Simulador de aforro

Lámpadas de baixo consumo. (LBC)
Son lámpadas fluorescentes compactas. Os tubos fluorescentes son de tamaño reducido. Intégraselles o equipo auxiliar para poder substituílas directamente por lámpadas incandescentes. O seu consumo é un 80% menor que os convencionais e duran entre 8 e 10 veces máis.

Led

Son dispositivos semiconductores (díodo) que transforman directamente a corrente eléctrica en luz. Ao non posuír filamento, teñen unha vida útil de ata de 45.000 horas, ademais de consumir ata un 80% menos que as incandescentes convencionais. 


"A tecnoloxía LED é a máis moderna e ofrece
lámpadas para o sector doméstico."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies