A túa instalación de gas

Consellos de seguridade para o fogar.


900 750 750
Teléfono gratuíto de urxencias



Coñece as normas de seguridade

Sabías que o gas é unha fonte de enerxía moi limpa?

Tamén se trata dunha das enerxías máis económicas e con maiores condicións de seguridade. Aínda así, convén manter certos hábitos de consumo con tal de manter a instalación ao día e en boas condicións.

Boas prácticas:

  • A túa instalación en mans de profesionais.

    Só unha empresa instaladora autorizada pode modificar a túa instalación de gas e reparar os teus electrodomésticos.

  • Pon atención á túa instalación.

    Vixía o estado dos fogóns e das mangueiras flexibles do gas. Procura que non se apaguen mentres cociñas.

  • Mantén a instalación ao día.

    A normativa vixente obriga a realizar un mantemento periódico da instalación e os aparatos de gas.

  • Mantén unha ventilación axeitada.

    Comproba o estado das reixas de ventilación. Evita que se obstrúan para un bo funcionamento dos equipos.

  • Pecha o gas en ausencias longas.
    Como precaución, pecha sempre a chave de paso do gas se te vas ausentar da casa un longo período de tempo.


Que facer se detectas cheiro a gas:

  Abre portas e ventás.

Ventila ben os espazos. Se che dá sensación de asfixia, toma aire fresco e solicita atención médica inmediatamente.

 

 Pecha os mandos dos aparatos e a chave de paso.

Se tras pechar a chave de paso segue ulindo a gas, ventila e sal de casa ata que chegue o servizo técnico de urxencias.

 

 Non manipules aparatos eléctricos nin interruptores.

Non acendas nin apagues interruptores de luz ou outros equipos para evitar faíscas que poidan provocar explosións.

 Non fumes nin acendas chamas.

Evita fontes de calor sempre que o olor a gas persista. Non fumes nin acendas chamas baixo ningún concepto.

 

 Non volvas abrir a chave de paso.

Non abras a chave de paso ata que reparen a instalación ou o aparato avariado.


Acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.

En caso de urxencia, chama o noso teléfono gratuíto


Que facer se quedas sen subministración de gas:

   

Comproba os mandos dos aparatos.

Péchaos para evitar que o gas escape se a subministración volve de súpeto.

   

Comproba as chaves de paso do gas.

Verifica que todas están abertas. Mentres tanto, recorda manter os mandos pechados.

  

 

Espera un mínimo de 15 minutos.

Pasado este tempo, podes facer unha comprobación para saber se tes gas.


Mantemento gas

Servigas     

O servizo experto de mantemento e reparación multimarca que che ofrece seguridade para o teu fogar.
 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies