A túa instalación eléctrica

Consellos de seguridade para o fogar.
 

900 100 251
Teléfono gratuíto de urxencias

Coñece as normas de seguridade.

Caíches na conta de que case todos os espazos da casa están equipados con puntos de luz e aparatos eléctricos?

A electricidade é potencialmente perigosa se fas un uso non apropiado dela. Evita accidentes innecesarios tomando certas precaucións básicas.


Instalación eléctrica segura:

  • Darte de alta
    Comproba
    • Comproba que o interruptor xeral e o cadro de mando están situados nun punto doado de acceso.

    • Comproba unha vez por mes que o diferencial funciona correctamente. En caso contrario, chama un instalador electricista autorizado para que o revise.

    • Revisa que as luces funcionan correctamente e afástaas de cortinas e paredes.

  • Seguridad instalación - luz
    Á hora de manipular:
    • Se vas manipular unha instalación, apaga antes o interruptor. Por exemplo, antes de cambiar unha lámpada.

    • Non bloquees os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.

    • Utiliza un enchufe para cada receptor, sempre que sexa posible. As conexións múltiples poden producir sobrequentamentos

  • Instalacion electrica - enchufes
    Ten en conta:
    • Non uses nunca aparatos con cables pelados, caravillas rotas, enchufes deteriorados etc.

      Se un aparato dá "cambras", desenchúfao inmediatamente e chama un técnico.
    • Non sobrecargues as instalacións eléctricas e non poñas cables debaixo das alfombras.

    • Non coloques pantallas ou percorrido de cablespreto de focos de calor.


Que facer en caso de accidente eléctrico:

 Usa un extintor.

No caso de incendio eléctrico, utiliza un extintor para apagar o lume. Nunca utilices auga.
 

 Corta a corrente.

Se podes, corta a fonte de alimentación da corrente.
 

 Asiste a vítima.

Se non podes cortar a corrente, colle á vítima pola roupa e tira dela sen que entre en contacto coa súa pel.

 Cura queimaduras graves.

Chama a emerxencias. Non apliques remedios caseiros sobre a ferida. Non retires a roupa ao ferido se está pegada á pel.
 

 Cura queimaduras leves.

Arrefría a zona con xeo ou auga, límpaa cunha compresa húmida e aplica unha solución antiséptica.
 

 Toma precaucións.

Non toques directamente a queimadura nin abras as ampolas ou vexigas que se formen nela. Lava coidadosamente as mans antes de asistir ao ferido.


En caso de urxencia, chama o noso teléfono gratuíto
Acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.
 

Boas prácticas

  • Auga e electricidade.

    • Manipula os teus aparatos eléctricos coas mans e os pés secos, e preferiblemente calzado. Nunca dende dentro da bañeira ou a ducha.

    • Antes de conectar un aparato eléctrico, comproba que non está mollado.

    • Ao regar, ten coidado de non dirixir a auga a cables, armarios de contadores, caixas de enganche, etc.

    • Na cociña procura utilizar os aparatos eléctricos lonxe da zona do vertedoiro.


     
  • Manipulación de electrodomésticos.

     
    • Comproba que a tensión dos teus electrodomésticos é a adecuada para o teu fogar.

    • Á hora de desenchufalos, desconéctaos primeiro e tira sempre da caravilla illante. Nunca do cable.

    • Sitúaos a unha distancia prudencial da parede para evitar o seu sobrequentamento.

    • Se aparece fume ou algún olor fóra do habitual, desconéctaos inmediatamente e chama o servizo técnico.

    • Utiliza a toma de terra sempre que a túa instalación e electrodomésticos o permitan. 

  • Nenos e electricidade.

    • Mantén os nenos afastados de enchufes ou cables soltos.

    • Tapa os enchufes con fita illante ou protectores.

    • Procura que os teus fillos non utilicen xoguetes eléctricos que se enchufen directamente á rede, a menos que os vixíes permanentemente.

    • Procura que os nenos non xoguen preto do televisor. Poderíaselles caer enriba. Ademais, nos modelos antigos, o tubo catódico podería estalar se recibe un golpe. 

    • Deixa arrefriar o ferro de pasar nun lugar apartado e fóra do alcance dos cativos.


Mantemento eléctrico

Servielectric    

O servizo experto de mantemento e reparación.

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies