Identifica o noso persoal

Veracidade, transparencia e respecto



Rexémonos por un código deontolóxico arraigado a fortes principios de ética empresarial.



Non só nos cinguimos á lexislación vixente, senón que temos como piares a veracidade, a transparencia e o respecto ao usuario.


Como podo identificar o persoal?


Os nosos comerciais están obrigados a exhibir a acreditación de Gas Natural Fenosa e, a requirimento, un documento que verifique a súa identidade, como pode ser o DNI 


Coñece o noso código de boas prácticas:

  • Pasos para ser cliente 1

    Código ético

    A actuación comercial debe inspirarse nos principios do noso código ético. 
  • Pasos para ser cliente 2

    Datos persoais

    Non se solicitarán datos persoais daqueles usuarios que non estean interesados na oferta comercial ou de menores de 18 anos.
  • Pasos para ser cliente 3

    Información comercial

    Só se facilitará información comercial a persoas maiores de 18 anos.
  • Pasos para ser cliente 4

    Ofertas comerciais

    Non solicitamos datos persoais nin ofrecemos ofertas comerciais a usuarios que non están en disposición de comprender a información.
  • Pasos para ser cliente 5

    Información para os usuarios

    Toda a información que facilitamos aos usuarios sobre os nosos servizos ou produtos nun proceso de comercialización ten que aparecer reflectida no contrato.
  • Pasos para ser cliente 6

    Persoal acreditado

    As persoas que comercialicen a domicilio os produtos e servizos de Gas Natural Fenosa exhibirán a acreditación e, a requirimento, deberán exhibir un documento que acredite a súa identidade.
Para máis información, consulta

Pasos para ser cliente

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies