Como pagar online

A continuación encontrarás toda a información para facer esta xestión online

Preguntas frecuentes

O Servizo de Pagamento Online de Gas Natural Fenosa permíteche realizar pagamentos con tarxeta a través de Internet

  • Que é o servizo de Pagamento Online?

    O Servizo de Pagamento Online de Gas Natural Fenosa permíteche realizar pagamentos con tarxeta a través da Internet. No momento en que a transacción se autoriza, realízase o cargo á tarxeta e o aboamento na conta da entidade que emitiu a factura. Se se detecta algún problema no proceso (falta de saldo, bloqueo da tarxeta, etc.) denégase a operación. O Pagamento Online realízase a través do servizo de banca online de La Caixa, sen necesidade de ser cliente desta entidade bancaria.

    Acceder ao pagamento online

  • Que vantaxes ten o servizo?

    A principal vantaxe do Servizo de Pagamento Online é a seguridade e a comodidade deste servizo online, xa que contas coa nosa dispoñibilidade total, non importa o teu lugar de residencia nin a hora do día. Por outro lado, para realizar o pagamento non te tes que trasladar a ningunha oficina bancaria, podes realizar a xestión dende a túa casa. Ademais, ao tratarse dun pagamento online só ti manexas os teus datos, sen necesidade de terceiras persoas.

  • Que datos necesito para realizar o Pagamento Online?

    Podes facer os pagamentos informando do CPR e/ou emisora ou do código de barras e completando os datos que se solicitan. Estes datos encontraralos na túa factura ou no teu recibo de non pagamento.

    Ver factura a tamaño completo

    Ver recibo de non-pagamento a tamaño completo

  • Que tipo de tarxeta necesito para realizar o Pagamento Online?

    Necesitas unha das tarxetas de pagamento admitidas por La Caixa (Visa, Mastercard, 4B...) ou ser usuario de Liña Aberta de La Caixa.

  • Teño que pagar cunha tarxeta de La Caixa?

    Non é necesario que a entidade emisora da tarxeta sexa La Caixa. Para realizar o Pagamento Online só necesitas unha tarxeta activa no momento de realizar a operación.

  • A que hora debo realizar os pagamentos online?

    Tes dispoñibilidade total. Podes acceder ao servizo de Pagamento Online as 24 horas do día e os 365 días do ano.

  • Quedan desprotexidos os meus datos co Pagamento Online?

    Os teus datos están totalmente protexidos cando utilizas o Servizo de Pagamento Online, xa que se utiliza un sistema de TPV Virtual. Con este sistema trabállase con toda seguridade dentro da operativa de vendas a través de Internet. As transaccións comerciais que se realizan co TPV Virtual garanten a seguridade, confidencialidade e integridade para o titular da tarxeta de pagamento.

  • Ten algún custo adicional o Pagamento Online?

    Pagar as túas facturas co Servizo de Pagamentos Online non supón ningún cargo adicional para ti.

  • Podo consultar os pagamentos online que realicei?

    Se es cliente de La Caixa encontrarás un Módulo de Administración no que poderás consultar o estado das operacións que realizaches. No caso de non ser cliente de La Caixa, poderás consultar os movementos da forma habitual coa túa entidade bancaria.

  • Que validez ten o impreso de Pagamento Online?

    O impreso do pagamento é o comprobante do pagamento que realizaches e, polo tanto, ten total validez.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies