Caldeiras de baixa temperatura
Descubre o funcionamento deste tipo de caldeira

Preguntas frecuentes

  • Como funciona?

    A caldeira de Baixa Temperatura funciona igual que unha caldeira convencional, só que opera a temperaturas menores, entre 35º C e 45º C, e regulan a temperatura en función da demanda enerxética real. Estas caldeiras son estancas, ademais teñen rendementos máis altos que os convencionais, podendo chegar a 95%.

  • Como transporta a calor?

    Os sistemas de distribución máis habituais nestes equipos son:

    Radiadores: elementos que intercambian a calor entre a auga quente e o espazo que se vai quentar.

    Chan radiante: neste sistema de distribución os radiadores substitúense por un sistema de tubos que se colocan por debaixo do chan, e por eles circula a auga quente. Neste caso o chan convértese en emisor de calor. Este sistema é moi eficiente xa que a temperatura á que hai que quentar a auga está entre 35 ºC e 45 ºC, coincidindo coa temperatura á que opera a caldeira, aforrando así enerxía. O chan radiante distribúe homoxeneamente a calor, isto faino aínda máis eficiente e aumenta o confort da estancia. 

  • Que caldeira comprar?

    Á hora de comprar unha Caldeira de Baixa Temperatura ten en conta as necesidades da túa vivenda, é dicir, compra a caldeira máis conveniente para a túa vivenda, cunha potencia axeitada ao teu fogar. Recomendámosche que adquiras unha caldeira de condensación que é a máis eficiente do mercado.

  • Que tipo de climatización ofrece?

    Este tipo de caldeiras ofrecen só calefacción. Se desexas ter refrixeración terás que instalar un equipo específico.
     

  • Que debería ter en conta?

    Vantaxes:
    Altos rendementos: 95%
    Poden producir aforros maiores ao 25% con respecto a unha caldeira convencional.
    Utilízanse tamén para a produción de ACS.
    Poden regular a temperatura en función da demanda enerxética Aptas para sistemas centralizados en edificios, vivendas unifamiliares ou pisos.

     
    Desvantaxes:

    Poden producir condensación.

    Equipos máis caros en comparación cunha caldeira convencional.

    Recoméndanse radiadores con maior superficie de intercambio.
  • Como se utiliza correctamente?

    O uso deste tipo de caldeiras é moi sinxelo, só se acende e apaga en función da demanda de calefacción ou non.

 
Sabías que...?
 

Estas caldeiras de baixa temperatura son estancas, ademais teñen rendementos máis altos que os convencionais, que poden chegar a 95%.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies