Novo sistema de factura da luz para o pequeno consumidor


Tes algunha consulta sobre o novo sistema para a factura da luz do pequeno consumidor?

Resolvémosche as dúbidas

Preguntas frecuentes

Dende o 1 de xullo do 2009, aqueles consumidores cunha potencia contratada igual ou inferior a 10 kW podían acollerse á Tarifa de Último Recurso (TUR), fixada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, mediante un contrato cunha Comercializadora de Referencia.

  • Cal é a situación de partida?

    Dende o 1 de xullo do 2009, aqueles consumidores cunha potencia contratada igual ou inferior a 10 kW podían acollerse á Tarifa de Último Recurso (TUR), fixada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, mediante un contrato cunha Comercializadora de Referencia.

    Dende o 1 de xaneiro de 2014 o que é coñecido como TUR pasou a chamarse Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC).

    O Real decreto 216/2014 do 28 de marzo establece un novo sistema de Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor, aplicable a partir do 1 de abril, no que cambia o modo polo que se calcula o prezo da enerxía na factura e pasa a determinarse en función do custo horario da enerxía. Adicionalmente, obriga as Comercializadoras de Referencia a ofertar unha alternativa de prezo fixo para os seus clientes con dereito a PVPC.

  • Cales son as tarifas ofrecidas polas Comercializadoras de Referencia?

    A partir do 15 de abril de 2014 existen para os consumidores conectados a baixa tensión e cunha potencia contratada menor ou igual a 10 kW, as seguintes tarifas de luz ofertadas polas Comercializadoras de Referencia:

    • Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC).

    • Prezo fixo a 12 meses.

    • Tarifa último recurso para consumidores vulnerables.

    Adicionalmente, ás subministracións en baixa tensión que teñen unha potencia >10 kW, ou subministracións en alta tensión, que transitoriamente carecen dun contrato en mercado libre e que continúan consumindo electricidade, aplicaráselles a Tarifa de Último Recurso para clientes Transitorios, que hoxe está definida como o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC sen discriminación horaria) cun 20 % de recarga.

  • Como se calculará a partir de agora o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC)?

    Dende o 1 de abril de 2014, este prezo calcúlase co novo sistema establecido polo RD 216/2014, que ten en conta o custo horario da enerxía para determinar o prezo. 

  • Como está configurado o PVPC?

    Custo de produción de enerxía eléctrica: determinarase con base no prezo horario dos mercados diario e interdiario durante o período ao que corresponda a facturación, os custos dos servizos de axuste do sistema e, no seu caso, outros custos asociados á subministración conforme se establece no RD 216/2014.

    As peaxes de acceso e cargos que correspondan.

    Os custos de comercialización que se determinan por normativa.

  • Que é o prezo fixo a 12 meses?

    As Comercializadoras de Referencia están obrigadas a realizar unha oferta alternativa ao PVPC consistente nun prezo fixo anual para aqueles consumidores con dereito a acollerse ao PVPC e que expresamente opten a ela.

    Cada Comercializadora de Referencia terá unha única oferta de prezo fixo, vixente durante un mes e aplicable durante 1 ano dende a contratación.

    Estas ofertas están publicadas na web da Comisión nacional dos Mercados e a Competencia dende o 5 de abril.

  • Como se configura a oferta de prezo fixo a 12 meses?

    O prezo fixo a 12 meses inclúe:

    • Os prezos das peaxes de acceso e, cando proceda, os cargos e outros custos que sexan de aplicación á subministración, que se publiquen no BOE en cada momento. Estes prezos poderán ser obxecto de revisión de acordo coa normativa que corresponda.

    • Un prezo polo resto do custo da subministración eléctrica que será fixa durante todo o período anual de vixencia do contrato. Este prezo poderá ser obxecto de revisión transcorrido o prazo dun ano dende a formalización do contrato de acordo á oferta en vigor en cada momento.

  • Se vou contratar un novo punto de subministración de luz, cales son as miñas opcións?

    Podes optar por contratar a prezo libre con calquera comercializadora ou podes contratar unha das tarifas fixadas ofrecidas por unha Comercializadora de Referencia (PVPC, prezo fixo ou de seres consumidor vulnerable, a tarifa de último recurso).

  • Como afecta o novo sistema de PVPC aos clientes con Bono Social?

    Os consumidores con Bono Social, consumidores vulnerables, terán unha tarifa de último recurso.

    O prezo da tarifa de último recurso será o PVPC descontando o Bono Social, que é unha redución do 25 % en todos os termos que o compoñen. 

  • Quen ten dereito a solicitar a tarifa de último recurso para consumidores vulnerables?

    As tarifas de último recurso para consumidores vulnerables aplicaranse a aqueles consumidores que cumpran as seguintes condicións:

    Fogares cunha potencia contratada inferior a 3kW: se o enderezo do punto de subministración é a vivenda habitual do cliente, e dispón dunha potencia < a 3kW, aplicaráselle o Bono Social de conformidade á normativa vixente.

    Pensionistas con 60 ou máis anos que perciban unha pensión mínima por xubilación, incapacidade permanente ou viuvez.

    Familias numerosas.

    Familias con todos os seus membros en situación de desemprego.

    Para os casos que se indican, o consumidor contratará a PVPC e posteriormente deberá acreditar que cumpre os requisitos para solicitar o desconto do Bono Social mediante os formularios e medios que se indican no web.

  • Se teño Bono Social, podo acollerme ao prezo fixo a 12 meses?

    Os consumidores vulnerables con dereito ao desconto por Bono social non poden acollerse ao prezo fixo anual sen perder a bonificación do Bono Social. Os clientes Transitorios tampouco se poderán acoller ao prezo fixo a 12 meses. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies