Pasos para ser cliente

Reunimos toda a información para darte de alta como cliente

Cambiar de comercializadora é moi sinxelo, unha vez que asines un contrato con Gas Natural Fenosa, encargámonos de realizar todos os trámites necesarios para facer efectivo o cambio de compañía.

Pasos para o proceso de alta
Estes son os pasos e prazos* para o cambio de compañía de enerxía:
  • Pasos para ser cliente 1

    Solicita conexión á rede de distribución de gas e/ou luz.
  • Pasos para ser cliente 2

    Visitarache un instalador ao teu domicilio no momento que a distribuidora reciba a túa solicitude de alta.
  • Pasos para ser cliente 3

    O instalador entregarache o certificado para contratar a subministración cunha empresa comercializadora.
  • Pasos para ser cliente 4

    Unha empresa certificadora revisarache a instalación para a súa posta en servizo.
Prazos: 30 días se a túa vivenda non ten a instalación, pero algún dos teus veciños si. Se a túa vivenda e os teus veciños non teñen a instalación, consultar coa distribuidora.

 

Se xa tes instalación de gas natural e/ou luz en casa?

Debes dispoñer do Certificado de Instalación Individual en regra. Se xa o tes, podes chamar directamente ao teléfono de atención ao cliente da empresa comercializadora que prefiras.

Se non tes o Certificado, deberás poñerche en contacto cun instalador autorizado. Virán á túa casa para realizar unha inspección da Instalación Receptora Individual (IRI). Se a túa instalación cumpre a normativa vixente, e comproban que o gas chega a todos os puntos de consumo e os aparellos funcionan correctamente, o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado de Instalación Individual na mesma visita. Unha vez teñas o Certificado, podes pedirlle ao mesmo instalador que che visitou en casa que che xestione o alta de subministración de gas natural, ou podes chamar ti mesmo ao teléfono de atención ao cliente da empresa comercializadora que prefiras.


 

Pasos para a activación do contrato co comercializadora Gas Natural Servizos:

  • Pasos para ser cliente 5

    Activarase o contrato con Gas Natural Servicios nun prazo aproximado de 1 semana, dende que a instalación estea en servizo.
  • Pasos para ser cliente 6

    Recibirás a factura de alta cando a distribuidora comunique a Gas Natural Servicios o teu primeiro consumo. Aplicaráseche a oferta que che corresponda.

 


(*) Prazos medios estimados. | (1) A partir dese momento recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía e a primeira factura da túa compañía actual, Gas Natural Fenosa. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida para a primeira factura de Gas Natural Fenosa. | (2) Para as subministracións eléctricas con ciclo de lectura e facturación bimestral, a data de cambio será nos 15 días seguintes á solicitude de acceso á súa distribuidora ou cando corresponda segundo o ciclo de lectura. Para aquelas subministracións con ciclo de lectura e facturación mensual, será segundo o ciclo de lectura. Para tarifas de gas 3.1, 3.2 e 3.3 a data de cambio coincidirá co día 1, 11 ou 21 de cada mes, debendo seleccionar o distribuidor a data de cambio máis próxima á de validación. A data de cambio para tarifas 3.4 coincidirá co ciclo de lectura que teña o cliente.


Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies