Purgar radiadores

A grandes males, sinxelos remedios! Evita os arrefriados invernais poñendo a punto os radiadores da túa casa

 

Tedes que poñer a punto os vosos radiadores de gas natural purgándoos unha vez ao ano, antes de que chegue o frío. Así, funcionarán perfectamente e estaredes ben quentiños na casa. E adeus aos arrefriados!
 
Déixovos un vídeo onde aprenderedes os meus remedios máis eficaces para previr os arrefriados do inverno e a purgar os radiadores.

Como purgar un radiador:

 
  1. Comproba que a caldeira está acendida e en posición calefacción/inverno.

  2. Colle un desaparafusador de punta plana ou unha moeda para xirar o parafuso de evacuación do radiador e pon debaixo un recipiente para recoller a auga.
    Xira o parafuso lentamente no sentido contrario ás agullas do reloxo ata que o radiador comece a expulsar unha mestura de auga e aire.
    Cando o radiador deixe de expulsar aire e só saia auga, pecha o parafuso.

  3. Ao rematar a purga, comproba que a presión da caldeira estea entre 1 e 1,5 bares.

E se queres estar máis tranquilo, asegura o funcionamento dos teus radiadores con Servigas, o servizo de mantemento experto para a túa instalación e equipos de gas natural.
Contratar

Reparación urxente: Quedarán cubertas por este servizo de mantemento as instalacións individuais e aparatos que funcionen con gas natural e gas propano canalizado (exclúense instalacións subministradas dende depósitos móbiles e depósitos fixos individuais).



Enlaces relacionados:

Reparación urxente

 

Ficheiros relacionados:

Remedios para o arrefriado (PDF 32 kB)

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies