Que facer se detectas cheiro a gas ou non tes subministración

Coñece que debes facer en calquera dos casos

Se detectas olor a gas:

Abre as portas e ventás para que o espazo se ventile ben. Se che dá sensación de asfixia, toma aire fresco e solicita atención médica inmediatamente.

Pecha os mandos dos aparatos de gas e a chave xeral de paso. Se tras pechar a chave de paso segue ulindo a gas, ventila e sal de casa ata que chegue o servizo técnico de urxencias.

Non manipules aparatos eléctricos nin interruptores para evitar faíscas que poidan provocar explosións ou incendios.

Non fumes nin acendas lapas mentres siga ulindo a gas.

Non volvas abrir a chave de paso ata que reparen a instalación ou o aparato avariado.

En caso de urxencia, chama o nosoteléfono gratuíto de urxencias 900 750 750  e acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.


Se quedas sen subministración de gas:

Comproba que os mandos dos aparatos (cociña, quentador, caldeira, etc.) estean pechados para evitar que o gas escape se a subministración volve de súpeto.

Verifica que todas as chaves de paso de gas estean abertas. Se non o están, ábreas.

Espera un mínimo de 15 minutos (mantendo as chaves de gas abertas e os mandos dos aparatos pechados). Pasado este tempo comproba se tes gas acendendo un lume da cociña.

Se tras facer as comprobacións anteriores continúas sen gas, contacta co teléfono de urxencias 900 750 750.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies