Quero revisar a miña instalación de gas

Que debo facer?

Para poder asegurar un correcto funcionamento e detectar posibles anomalías, as instalacións de gas natural deben ser inspeccionadas periodicamente.

Inspección periódica obrigatoria


Conforme á lexislación vixente, a realización da inspección correspóndelle sempre á empresa distribuidora de gas, que está obrigada a realizala cada 5 anos (Real decreto 919/2006 de data 28.07.2006). 

No caso no que a túa distribuidora sexa Gas Natural Distribución, as visitas prográmanse con varios días de antelación e informámoste da data mediante unha carta e un cartel de aviso no edificio.

A inspección periódica dunha instalación consiste basicamente na comprobación a través das súas partes visibles e accesibles da estanquidade, e a verificación do bo estado de conservación desta, da combustión hixiénica dos aparatos a gas e da correcta evacuación dos produtos da combustión, constatando a súa adecuación ás condicións regulamentarias de seguridade.

Lembra que o persoal que realiza as inspeccións sempre se presentará debidamente acreditado e nunca te esixirá o pagamento da inspección xa que este se abonará a través da túa factura do gas.

Se non lembras cando se realizou a última inspección da túa instalación de gas natural podes consultalo facilmente a través da Área Clientes.

Se tes máis dúbidas, ofrecémosche toda a información sobre a Inspección Periódica de Gas Natural Distribución.

 

Revisión preventiva anual


De acordo coa lexislación vixente, o mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular ou, no seu defecto, dos usuarios. Ademais, o Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios, RITE, (RD 1027/2007, do 20 de xullo), indica a necesidade de realizar unha revisión anual da caldeira.

Por iso, é importante contar cun bo servizo de revisión e reparación da instalación e aparatos de gas natural.

Se tes contratado o servizo de mantemento de gas natural Servigas Complet ou Servigas Básico, efectuaremos unha revisión preventiva anual, cumprindo coa obriga do RITE (Regulamento de Instalacións Térmicas dos edificios) de realizar unha revisión anual da túa caldeira.


 

Esta revisión inclúe:

  • Revisión xeral dos elementos da instalación de gas natural.
  • Mantemento dos aparatos de gas natural, para minimizar consumos, avarías ou fallos futuros.
  • Revisión da instalación de calefacción (circuíto hidráulico, caldeira e radiadores) para clientes con calefacción de gas natural.
  • Comprobación do correcto consumo dos seus aparatos de gas.
  • Análise ambiental de toda a instalación.


Se aínda non dispós dun servizo de revisión para a túa instalación e aparatos de gas, infórmate das coberturas que ofrece 
Servigas, nas súas diferentes modalidades.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies