Radiadores de resistencias

Contámosche o seu funcionamento e vantaxes

Preguntas frecuentes

  • Como funciona?

    Son equipos independentes que emiten calor a través de resistencias eléctricas situadas no interior da carcasa do radiador. Estes equipos non son enerxeticamente eficientes, e só se deben utilizar como apoio a outras instalacións. Estes equipos adoitan ter tres opcións de funcionamento, de menor a maior potencia.

  • Que equipo comprar?

    Estes equipos son pouco eficientes, xa que consumen moita enerxía e non quentan de forma homoxénea a vivenda; por iso, recomendámosche que instales unha bomba de calor. Estes radiadores pódelos utilizar como sistema de apoio; compra os máis eficientes que encontres no mercado e con potencias que se axusten ás túas necesidades.

  • Que tipo de climatización ofrece?

    Estes equipos só ofrecen calefacción. Se desexas climatizar a túa vivenda, terás que instalar un equipo independente para a produción de frío ou un equipo que che ofreza tanto calefacción coma refrixeración, como por exemplo unha bomba de calor.

  • Que debería ter en conta?

    Vantaxes:

    Doado uso e mantemento.

    Son equipos móbiles.



    Desvantaxes:

    • Sistemas moi ineficientes polo seu alto consumo eléctrico.

    • Alto custo do equipo, xa que se ten que instalar un en cada estancia.

    • O sistema non ofrece unha calor uniforme, non quenta a estancia de forma homoxénea.

  • Como se utiliza correctamente?

    Os radiadores de resistencias eléctricas son de uso moi sinxelo: só debes acender o radiador e poñelo á potencia desexada; adoitan ter tres opcións de funcionamento, de menor a maior potencia.

Sabías que...?

Os radiadores de resistencias son equipos móbiles de doado uso e mantemento.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies