Radiadores por infravermellos

Contámosche o seu funcionamento e as súas vantaxes

Preguntas frecuentes

  • Como funciona?

    É un sistema de calefacción que xera calor a través dunhas placas por infravermellos colocadas no teito ou nas paredes da estancia que se quere quentar; tamén poden instalarse nos ocos da parede. Estes equipos conéctanse á rede eléctrica, e unha vez acendidos e regulada a temperatura co termóstato, a placa comeza a emitir raios infravermellos que quentan os obxectos e os corpos. Estes corpos e obxectos, á súa vez, quentan o ambiente.

  • Que equipo comprar?

    Estes equipos levan pouco tempo no mercado, polo que é recomendable que busques o asesoramento dun profesional deste tipo de calefacción para que che axude na compra.

  • Que tipo de climatización ofrece?

    Os radiadores por infravermellos só serven para calefacción. Se desexas climatizar a túa vivenda, terás que instalar un equipo independente para a produción de frío ou un equipo que che ofreza ambas as dúas cousas, tanto calefacción coma refrixeración.

  • Que debería ter en conta?

    Para ter en conta

    Vantaxes:

    Son equipos de doado uso e instalación.

    Favorecen a circulación sanguínea.

    Non resecan as vías respiratorias.

    Eliminan ácaros e bacterias.

     

    Desvantaxes:

    • Son sistemas eléctricos, polo que son pouco eficientes.

  • Como se utiliza correctamente?

    Son equipos cuxo uso é moi sinxelo: só tes que regular o termóstato á temperatura á que desexas quentar a túa estancia ou cuarto.

Sabías que...?
 

Os radiadores por infravermellos son equipos de doado uso e instalación e que favorecen a circulación sanguínea.

Non resecan as vías respiratorias e eliminan ácaros e bacterias.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies