Tarifas Planas

Para os que non queren
sorpresas na súa factura.


Comparte esta tarifa:
Ata 20 € dto. + 1a cota gratis para sempre. E consegue 3 meses gratis* en Netflix

Aforra pola contratación de novos paquetes de ofertas de Tarifa Plana con servizos e descontos adicionais.



Descubre os aquí
 
Se tes máis de 10 kW consulta a túa Tarifa Plana 2.1A     Consultar aquí





 

 Adáptase ás túas necesidades.


 Sabes que sempre será igual.


 Terás toda a información do teu consumo.


 Unha cota gratis se non superas o consumo anual.


 Sen regularizacións. Avisarémosche antes de chegar aos máximos da túa tarifa. 



 
___

Aproveita unha
tarifa pensada para ti


 













 
Condicións da oferta - Tarifas Planas
Coas Tarifas Planas de Gas e Tarifas Planas de Luz factúrase unha cota fixa durante 12 mensualidades. Esta cota fíxase en función do consumo de gas e luz anual que se prevé consumir (consumo máximo anual (kWh/ano). O importe da tarifa plana inclúe o termo fixo e o termo variable, no caso do gas, e o termo de potencia e o termo de enerxía no caso da luz. O resto de conceptos, incluídos impostos aplicables, que se lle deban repercutir ao cliente normativamente serán facturados á parte e sumaranse á tarifa plana contratada.
Tarifas unicamente dispoñibles para clientes con tarifas 3.1 e 3.2 en gas e 2.0A en electricidade (agás 2.0A con maxímetro) e non está recomendada para consumos inferiores a 750 kW h ao ano ou superiores a 20.000 kWh ao ano en gas natural e para consumos inferiores a 500 kWh ao ano ou superiores a 7.000 kWh ao ano en luz. Tarifa non dispoñible para clientes con bono social.
Importe polo exceso de consumo
En caso de que o cliente supere o consumo máximo anual da tarifa plana contratada, facturaráselle un importe adicional polo exceso consumido, que se calculará multiplicando o prezo dos “kW de exceso” polo número de kW excedidos dos contratados. GNS informará o cliente cando estea a punto de superar o consumo máximo anual. No caso no que se facture o exceso sobre a base dunha lectura estimada, GNS informará o cliente para que este poida dar a súa lectura real.
O cliente poderá solicitar cambios da modalidade/cota do tramo superior ou inferior se o consumo seleccionado non se axusta ao real durante a vixencia do contrato.
  • Para Tarifas de Luz: 0,258 €/kWh extra
  • Para Tarifas de Gas: 0,111 €/kWh extra
Alta ou baixa da Tarifa Plana
No caso no que o cliente se dea de baixa da tarifa plana contratada antes de finalizar a vixencia do Contrato, GNS calculará o importe que se debía ter facturado ao cliente coa tarifa de gas e/ou luz que corresponda, e o importe aboado polo cliente coa tarifa plana ata a data de baixa, ademais, facturaralle ao cliente a diferenza entre ambos os dous importes no caso no que este resultase a pagar polo cliente.
A alta na tarifa plana implica a baixa no Plan de Pagamentos Fixos, Plan Aforro Online ou outras campañas ou promocións
Tarifas non referenciadas ás tarifas reguladas pola Administración. Prezos da Tarifa Plana: O importe da cota da Tarifa Plana contratada de Gas e/ou Luz será o vixente no momento da contratación e será válido durante un ano. En caso de cambio de modalidade, o importe da cota da modalidade de tarifa plana de destino será o vixente no momento do cambio.
Os prezos informados son os vixentes para contratacións realizadas antes do 25/09/2017. Un mes antes da renovación do contrato para estas tarifas, informarase das novas condicións de prezo para a seguinte anualidade. Prezos sen impostos incluídos.
Cota gratis de regalo
No caso de que o cliente non supere o consumo máximo anual, GNS bonificaralle cunha cota mensual na seguinte anualidade do contrato.
Non aplica esta bonificación:
  • Se o cliente tivera realizado cambios de modalidade/cota tras exceder o consumo máximo anual.
  • Se durante a vixencia do contrato de tarifa plana a subministración de gas/luz foi cortada por non-pagamento.
  • Se á finalización da vixencia ten débeda pendente con GNS.
Bono 10 €:
10 € de desconto da factura de enerxía en cada unha das tarifas de enerxía que contraten con Gas Natural Servicios SDG, S.A. O desconto aplicarase sobre o importe do consumo facturado antes do IVE. Se o importe facturado non acada o total do desconto, a diferenza descontarase na seguinte factura de subministración de luz ou de gas, en cada caso cun tope de 6 meses. Oferta só válida para clientes que contraten algunha das modalidades das tarifas de luz: Estable, Tarifa Plana, Flexible ou Eco e/ou algunha das modalidades de Tarifas de Gas: Tarifa Plana ou tarifa Estables, válido para  tarifas de acceso 2.0A ou 2.0DHA sen bono social na subministración eléctrica e con tarifas de acceso 3.1 ou 3.2 en gas.
Cota gratis
Oferta consistente nunha cota mensual gratis por cada modalidade de Tarifa Plana contratada. A bonificación da primeira cota mensual efectuarase na primeira factura. Válida só para novas contratacións de Tarifa Plana en Gas Natural Servicios SDG, S.A. a través do web www.gasnaturalfenosa.es. Oferta válida ata o xoves, 31 de agosto de 2017. Ofertas non acumulables a outras xa existentes.
Ofertas acumulables e válidas ata o 30 de setembro de 2017.

* Promoción sorteo Netflix:
 Bases legais da promoción (PDF)

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies