Solar Fotovoltaica

Consume a túa propia enerxía.

Que é a enerxía fotovoltaica?


É a mellor solución para que poidas xerar e consumir a túa propia enerxía. 

 
A enerxía solar fotovoltaica é unha fonte enerxética renovable que produce electricidade a partir da radiación do Sol.

A súa instalación realízase mediante paneis fotovoltaicos e non require de reaccións químicas nin de uso de combustibles para funcionar.

Beneficios das placas fotovoltaicas



Medio ambiente.


A enerxía solar fotovoltaica é renovable e libre de emisións de CO2.

Eficiencia enerxética.


Mellora a cualificación enerxética da túa vivenda. 

Mantemento.


As instalacións fotovoltaicas requiren pouco mantemento.

Versatilidade.


O actual marco legal permíteche elixir entre varias opcións de instalación axeitados ás túas necesidades. 


Que son as instalacións fotovoltaicas?


As instalacións fotovoltaicas sonmódulos ou paneis solares que aproveitan un efecto físico para transformar a luz en electricidade de baixa voltaxe. Despois, esta electricidade pasa a transformarse nunha voltaxe axeitada para o seu uso con aparatos eléctricos.

Como a súa base é modular, poden construírse dende pequenos paneis para tellados ata grandes plantas directamente sobre o terreo, o que a fai adecuada para un amplo abano de fogares.

   Máis información sobre os tipos de instalacións

__


Que necesito para instalar paneis solares fotovoltaicos?


Superficie.
Necesitas espazo na cuberta da túa vivenda ou nun terreo anexo.

Orientación sur.
Necesitas espazo dispoñible orientado ao sur.

Consumo en horas de sol.
Necesitas que o consumo eléctrico do teu fogar se produza durante as horas de sol.

Pide o teu estudo gratuíto 


Infórmate das vantaxes das placas fotovoltaicas e solicita un estudo sen compromiso. 
 

      Pide o teu estudo     

Climatización eficiente

Solar Térmica

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies